Saltar navegación

5. Conclusión

Grupo de persoas reflexionandoO obxectivo nesta fase do reto é dedicar uns minutos a reflexionar e debater sobre o que traballamos, as cousas que saíron moi ben e tamén aquelas nas que houbo dificultades ou que non saíron como tiñades previsto.

É importante que fagades unha valoración do proceso e da vosa experiencia neste reto.

Talvez, o próximo curso, outras rapazas e rapaces queiran preparar un concurso de talentos e necesiten os vosos consellos.

Lectura facilitada

O obxectivo nesta fase do reto é reflexionar e debater sobre as cousas que saíron moi ben e nas que houbo dificultades.

É importante que fagades unha valoración do proceso e da vosa experiencia neste reto.

Outras rapazas e rapaces poden necesitar os vosos consellos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)