Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaUn diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.

No diario atoparás diferentes partes e preguntas que te axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes, as túas experiencias e opinións.

O diario de aprendizaxe é moi útil para ti para o teu profesorado, xa que poderás valorar os teus progresos e obter moita información de como vas na aprendizaxe.

Lembra que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é para avaliar. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes, xa que che axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.

Cando usas o diario, estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.

Lectura facilitada

Un Diario de aprendizaxe é un documento para escribir como te vai o traballo.

No diario atoparás preguntas que te axudarán a reflexionar sobre o que aprendes.

Un diario de aprendizaxe é un documento para escribir como che vai o traballo.

No diario, atoparás preguntas que che axudarán a reflexionar sobre o que aprendes.

O Diario de aprendizaxe é moi útil para valorar os teus progresos.

Lembra que non é para avaliar.

Escribe con sinceridade.

Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía e reflexionas sobre como aprendes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)