Saltar navegación

3.3. A liña manchada

 

Glosario

Papel tránsfer

Pictograma que representa unhas mans estampado un debuxo dunha flor
Definición:

Papel que se utiliza para facer estampacións en teas ou obxectos.

Exemplo:

Imos estampar unhas camisetas e temos que imprimir un debuxo con papel tránsfer.

Papel de forno ou encerado

Papel de forno
Definición:

Papel de orixe vexetal que resiste moita temperatura e se utiliza preparar alimentos no forno.

Exemplo:

Pegamos o debuxo na camiseta e antes de pasar o ferro colocamos o papel encerado para que non se pegue.

Papel de calco

Papel de copiar
Definición:

Papel que permite calcar un debuxo.

Exemplo:

Para pintar a cabaza utilizarei un papel de calco.

Ferro

Imaxe dun ferro
Definición:

Obxecto, que enchufado á corrente, quenta e serve para quitar as engurras á roupa.

Exemplo:

 A camisa de Pedro estaba tan engurrada que tivo que pasarlle o ferro.

Blotted line ou liña manchada

Debuxo coa técnica de liña manchada de dúas espadanas

Unha das técnicas máis usadas por Andy Warhol foi a blotted line ou liña manchada. Que palabras máis raras, non si?

Warhol creaba un debuxo nun papel e, antes de secarse a tinta, apertaba o papel contra outro máis absorbente.

A partir desta información terás un gran reto que cumprir:

Atréveste a elaborar debuxos e estampar unha camiseta aplicando a técnica da liña manchada, dándolle estilo Warhol?

Iso é un si? Pois comezamos!

Para saber un pouco máis sobre a liña manchada, preme nesta ligazón (nova xanela) e accede a un vídeo en YouTube onde se explica como levar a cabo a técnica.

Lectura facilitada

Unha técnica usada por Warhol

foi a liña manchada.

Warhol creaba un debuxo

e antes de secarse,

apertaba o papel

contra outro máis absorbente.

Agora ti terás un reto:

elaborar debuxos

ou estampar unha camiseta

aplicando a liña manchada.

Iso é un si?

Para saber un pouco máis sobre a liña manchada,

preme nesta ligazón (nova xanela) e accede a un vídeo en YouTube

onde se explica como levar a cabo a técnica.

Facemos serigrafías coa técnica da liña manchada

PASO 1

1. Como estamos en outono, tempo de Samaín e Magosto, fai un debuxo coa temática desta época do ano (castaña, ourizo, cabaza, bruxa, vampiro...).

   Se queres podes escoller no seguinte documento PDF (nova xanela) un dos debuxos de Samaín.

   Ou escoller neste documento PDF (nova xanela) un dos debuxos sobre o Magosto.

2. Nun papel de calco (vale incluso un papel de forno) tes que calcar o debuxo elixido.

PASO 2

Repasa a contorna do debuxo seguindo estes dous pasos:

1. Con lapis.

2. Con tinta ou témpera negra.

PASO 3

Antes de que se seque, coloca o debuxo sobre un papel, cartolina etc. e aperta cos dedos para que quede o debuxo marcado, dando efecto de liña manchada.

PASO 4

Colorea o segundo debuxo, ao estilo Warhol, utilizando cores alegres.

PASO 5

Agora toca decorar os corredores do centro, estampando as vosas obras, seguindo estes pasos:

1. Colocade papel continuo polos corredores do centro.

2. Tendes que ensinar ao resto do cole como se traballa a liña manchada.

3. Cada clase, no seu papel continuo, estampará os seus traballos.

Ao rematar, terás que facer fotos da túa obra, xa que vas empregala no reto final. Terás que descargala e gardala no teu ordenador. Recorda revisar a lista de control (nova xanela) do reto.

Lectura facilitada

PASO 1

  • Fai un debuxo do Samaín e do Magosto (castaña, cabaza, bruxa, ...).

   Podes escoller nesta ligazón un debuxo un debuxo.

  • Calca o debuxo nun papel de calco.

PASO 2

  • Repasa o debuxo cun lapis.
  • Repasa o debuxo témpera negra.

PASO 3

  • Coloca o debuxo sobre un papel e aperta cos dedos

PASO 4

  • Colorea o segundo debuxo utilizando cores alegres.

PASO 5

  • Agora toca decorar os corredores do centro:

1. Colocade papel continuo polos corredores.

2. Tendes que explicar a outras clases como se fai a liña manchada.

3. Cada clase, no seu papel continuo, estampará os seus traballos.

Non esquezas revisar a lista de control (nova xanela) do reto.

Estampar o teu debuxo nunha camiseta

Parabéns! Xa es un grande experto ou experta na técnica da liña manchada de Warhol.

Agora toca estampar, ao estilo Warhol, na camiseta ou na prenda que trouxeches de casa, o debuxo que fixeches na actividade anterior.

O mellor é que fagas unha copia do debuxo para a estampación. Así, podedes expoñer as obras orixinais no espazo para amosar as vosas creacións.

Podes facer a estampación do debuxo sobre a camiseta cunha destas dúas técnicas. Ou proba con outros sistemas. O importante é ter unha camiseta co teu debuxo.

Lectura facilitada

Parabéns!

Xa es un grande experto ou experta

na liña manchada.

Agora toca estampar na camiseta,

ou prenda,

o debuxo que fixeches.

Opción A: estampación con papel tránsfer

Fotografía do material necesario para estampar camisetas con papel tránsferO papel tránsfer é un tipo de papel no que podes imprimir un debuxo ou foto e logo, mediante calor, a imaxe queda pegada á camiseta.

Cousas importantes que debes saber:

Existe un papel tránsfer para camisetas claras e outro diferente para camisetas escuras. O procedemento de uso tamén é diferente.

Utiliza o tránsfer adecuado ao tipo de impresora. Comproba se a impresora é láser ou de inxección de tinta.

Videotitorial para estampar unha camiseta de cor clara con papel tránsfer.

Pasos para estampar a camiseta de cor clara:

Se necesitas axuda para estampar unha camiseta de cor escura podes ver este vídeo en Internet: titorial estampación camiseta escura (nova xanela)

Opción B: estampación con material caseiro

Fotografía do material necesario para estampar con plásticoPara este tipo de estampación utilizaremos materiais comúns que podes atopar na casa, non precisas mercar papel tránsfer.

Con este método, o debuxo non queda pegado de forma permanente na camiseta.

Material necesario:

  • Unha camiseta.
  • O debuxo.
  • Plástico de envolver alimentos. Trátase dun rolo de plástico moi fino que servirá para fixar o debuxo á camiseta.
  • Tesoiras.
  • Ferro.
  • Papel de forno.

Segue os pasos deste videotitorial:

Lista de cotexo tarefa individual

Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

%E9%B0%E6%EB%E2%F7%D5%F3%FF%F7%B0%A8%B0%D1%FD%E6%F7%F8%FD%B0%BE%B0%FB%F6%B0%A8%B0%A0%A2%A0%A7%A3%A3%AB%A3%A7%A6%A3%A6%A7%BF%A4%A2%B0%BE%B0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%C6%D3%C0%D7%D4%D3%B2%DE%DBC%D3%B2%DF%D3%DC%D1%DA%D3%D6%D3%B0%BE%B0%E1%E7%F0%E6%FB%E6%FE%F7%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FE%F7%E4%F7%FE%E1%B0%A8%C9%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D7%FE%F3%F0%FD%E0%F7%FB%B2%E7%FC%B2%F6%F7%F0%E7%EA%FD%B2%F1%FD%FC%B2%FE%FBc%F3%B2%FF%F3%FC%F1%FA%F3%F6%F3%BC%AE%F0%E0%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D3%B2%F1%FD%FC%E6%FD%E0%FC%F3%B2%F6%FD%B2%F6%F7%F0%E7%EA%FD%B2%F7%E1%E6s%B2%F0%F7%FC%B2%E0%F7%E2%F3%E1%F3%F6%F3%BC%AE%F0%E0%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C7%E6%FB%FE%FB%F1%F7%FB%B2%F1%FD%E0%F7%E1%B2%F3%FE%F7%F5%E0%F7%E1%B2%FC%FD%B2%F6%F7%F0%E7%EA%FD%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D7%FF%E2%E0%F7%F5%E7%F7%FB%B2%FD%B2%FF%F3%E6%F7%E0%FB%F3%FE%B2%F3%EA%F7%FB%E6%F3%F6%FD%B2%E2%F3%E0%F3%B2%F3%B2%F7%FE%F3%F0%FD%E0%F3%F1%FBa%FC%B2%F6%F3%B2%E6%F3%E0%F7%F4%F3%BC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D6%F7%F1%FD%E0%F7%FB%B2%FD%B2%F1%FD%E0%E0%F7%F6%FD%E0%B2%F6%FD%B2%FF%F7%E7%B2%E2%F3%E1%FB%FE%FE%FD%BC%AE%F0%E0%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%C2%F3%E0%E6%FB%F1%FB%E2%F7%FB%B2%FC%F3%B2%F7%EA%E2%FE%FB%F1%F3%F1%FBa%FC%B2%F6%F3%B2%E6%7B%F1%FC%FB%F1%F3%B2%FC%FD%E7%E6%E0%F3%E1%B2%F1%FE%F3%E1%F7%E1%BC%AE%F0%E0%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D4%FB%EA%F7%FC%B2%F3%B2%F4%FD%E6%FD%B2%F6%FD%B2%FF%F7%E7%B2%E6%E0%F3%F0%F3%FE%FE%FD%BC%AE%F0%E0%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%BE%E9%B0%E6%EB%E2%F7%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FC%FB%E4%F7%FE%B0%A8%B0%A2%B0%BE%B0%FB%E6%F7%FF%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%F3%E0%F5%E7%F7%FB%B2%F3%B2%F4%FD%E6%FD%B2%FC%FD%B2%FD%E0%F6%F7%FC%F3%F6%FD%E0%BC%AE%F0%E0%AC%B0%BE%B0%E2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%B0%EF%CF%BE%B0%FA%F3%E1%DE%FD%F5%FD%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%DE%FD%F5%FD%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D1%FD%FF%FF%E7%FC%FB%E6%EB%B0%A8%B0%B0%BE%B0%FA%F3%E1%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E0%FE%D6%F7%F1%FD%E0%F3%E6%FB%E4%F7%B0%A8%B0%E0%F7%E1%FD%E7%E0%F1%F7%E1%BD%A6%AB%A2%A0%A2%A4%A0%A3%AB%A5%A4%CD%F0%A7%A7%AB%A4%A6%AA%AA%F3%F4%CD%F1%BC%F8%E2%F5%B0%BE%B0%E1%F3%E4%F7%D6%F3%E6%F3%B0%A8%E6%E0%E7%F7%BE%B0%E7%E1%F7%E0%D6%F3%E6%F3%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%F4%FD%FD%E6%F7%E0%B0%A8%B0%D7%E1%E6%F3%B2%AE%F3%B2%FA%E0%F7%F4%AF%FA%E6%E6%E2%E1%A8%BD%BD%F7%E1%BC%E5%FB%F9%FB%E2%F7%F6%FB%F3%BC%FD%E0%F5%BD%E5%FB%F9%FB%BD%DE%FB%E1%E6%F3%CD%F6%F7%CD%F1%FD%FF%E2%E0%FD%F0%F3%F1%FB%B7%D1%A1%B7%D0%A1%FC%AC%FE%FB%E1%E6%F3%B2%F6%F7%B2%F1%FD%E6%F7%EA%FD%AE%BD%F3%AC%B2%F7%E1%E6s%B2%F0%F3%FB%EA%FD%B2%E7%FC%FA%F3%B2%FE%FB%F1%F7%FC%E8%F3%AE%BD%F0%E0%AC%AE%F3%B2%FA%E0%F7%F4%AF%FA%E6%E6%E2%A8%BD%BD%F1%E0%F7%F3%E6%FB%E4%F7%F1%FD%FF%FF%FD%FC%E1%BC%FD%E0%F5%BD%FE%FB%F1%F7%FC%E1%F7%E1%BD%F0%EB%BF%E1%F3%BD%A6%BC%A2%AC%D1%E0%F7%F3%E6%FB%E4%F7%B2%D1%FD%FF%FF%FD%FC%E1%B2%D0%CB%B2%DC%D1%B2%C1%D3%B2%A6%BC%A2%B2%DB%FC%E6%F7%E0%FC%F3%E6%FB%FD%FC%F3%FE%B2%DE%FB%F1%F7%FC%E1%F7%AE%BD%F3%AC%B0%BE%B0%E7%E1%F7%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%F4%F3%FE%E1%F7%BE%B0%FF%E1%F5%E1%B0%A8%E9%B0%FF%E1%F5%D1%FD%FF%E2%FE%FB%E6%B0%A8%B0%D1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%FD%FC%F7%B0%A8%B0%D4%F7%FB%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DB%FC%C2%E0%FD%F5%E0%F7%E1%E1%B0%A8%B0%D7%FC%B2%E2%E0%FD%F1%F7%E1%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C7%FC%E0%F7%F3%FE%FB%E8%F7%F6%B0%A8%B0%DC%FD%FC%B2%F1%FD%FF%E2%FE%F7%E6%F3%F6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%E6%F3%E1%F9%DC%E7%FF%F0%F7%E0%B0%A8%B0%DCh%FF%F7%E0%FD%B2%F6%F7%B2%E6%F3%E0%F7%F4%F3%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DC%F3%FF%F7%B0%A8%B0%DC%FD%FF%F7%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F3%E6%F7%B0%A8%B0%D6%F3%E6%F3%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F3%E4%F7%B0%A8%B0%D6%F7%E1%F1%F3%E0%F5%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%DE%FB%E1%E6%B0%A8%B0%FE%FB%E1%E6%F3%CD%F6%F7%CD%F1%FD%E6%F7%EA%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C1%F1%FD%E0%F7%B0%A8%B0%C2%E7%FC%E6%E7%F3%F1%FBa%FC%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%E1%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%E1%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C2%FD%FB%FC%E6%B0%A8%B0%E2%E7%FC%E6%FD%B0%BE%B0%FF%E1%F5%C0%F7%F0%FD%FD%E6%B0%A8%B0%C0%F7%FB%FC%FB%F1%FB%F3%E0%B0%BE%B0%FF%E1%F5%D6%F7%FE%F7%E6%F7%B0%A8%B0%C3%E7%F7%E0%F7%B2%FE%FB%FF%E2%F3%E0%B2%E6a%F6%FD%FE%FD%E1%B2%F1%F3%FF%E2%FD%E1%AD%B0%EF%EF
Navegador non compatible
Decorative

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)