Diario de aprendizaxe
Nesta fase aprendiches sobre como facer un pequeno documental a partir de imaxes e textos con Openshot.
Agora podes escribir no diario de aprendizaxe sobre como foi todo ese proceso, que desafíos atopaches e como os superaches. Anotar e compartir deste xeito os teus logros, inquedanzas e avances servirache para a túa aprendizaxe futura.
Lectura facilitada
Nesta fase aprendiches a facer un documental.
Agora podes escribir no diario
sobre como foi o proceso,
que desafíos atopaches
e como os superaches.
Anotar os teus logros,
inquedanzas
e avances
servirache para aprender.