| Comprensión do reto | Comprendín todos os pasos para acadar o reto final. Tamén entendín o propósito de todas as actividades. (4) | Souben o que tiña que facer no reto, aínda que non tiña claro o seu propósito. (3) | Necesitei axuda para comprender o reto e os pasos para levalo a cabo. (2) | Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (1) |
|---|
| Sesións artísticas | Participei activamente e esforceime para superar con éxito as tarefas, aproveitando o tempo na clase e axudando as miñas compañeiras e os meus compañeiros. (4) | Participei e esforceime para superar as tarefas, aproveitando parte do tempo na clase e axudando as miñas compañeiras e os meus compañeiros cando mo solicitaban. (3) | Participei o necesario para rematar as tarefas, sen aproveitar moito o tempo na clase (2) | A maior parte das tarefas fíxenas sen esforzarme e sen aproveitar o tempo na aula. (1) |
|---|
| Participación no equipo | Participei positivamente no equipo, facendo a tarefa correspondente, respectando aos demais e axudando e achegando ideas. (4) | Participei no equipo, facendo a tarefa correspondente, respectando aos demais, axudando e achegando algunhas ideas. (3) | Participei minimamente no meu equipo, fixen algunha tarefa, tiven algún desacordo cos demais e case non acheguei ideas. (2) | Apenas participei no equipo: fixen poucas tarefas, sen integrarme no equipo, e sen case achegar ideas. (1) |
|---|
| Presentación das tarefas | Rematei a tarefa no prazo asignado, con limpeza, con gran creatividade e excelente presentación. (4) | Rematei a tarefa no prazo asignado, con boa presentación e limpeza. (3) | Rematei algunha das tarefas no prazo asignado, con presentación e limpeza mellorables. (2) | As tarefas están sen rematar no prazo asignado, con mala presentación e limpeza. (1) |
|---|