Saltar navegación

4.2. Estreamos o documental

O día da estrea

cartel do anuncio da proxección do documental sobre a vida de Warhol

Xa tes o documental listo!

Chega o momento da súa estrea diante do resto do cole. 

Así que organizade nos grupos como ides facer.

O primeiro será pedir permiso no cole para proxectalo no resto das aulas ou no salón de actos... Onde vós consideredes.

O importante é que todo o cole coñeza quen foi Andy Warhol e a súa obra.

Necesitades unha idea para crear o cartel? Que tal se utilizades o estilo de Arte pop?

Aquí tes o exemplo de cartel en formato PDF (nova xanela) e tamén en editable con LibreOffice Draw.

E aínda máis: se vos animades ata podedes facer invitacións ao estilo Warhol! 

Entrada de cine

Lectura facilitada

Xa tes o documental listo!

Chega o momento de ensinalo ao resto de cole. 

Organizade nos grupos como ides facer.

O primeiro será pedir permiso no cole.

O importante é que todo o cole coñeza quen foi Andy Warhol

e a súa obra.

Necesitades unha idea para crear o cartel? Que tal se utilizades o estilo de Arte pop?

Aquí tes o exemplo de cartel en formato pdf (nova xanela)

e tamén en editable con LibreOffice Draw.

Se vos animades, podedes facer invitacións

ao estilo Warhol! 

Que tal vos foi?

Agora toca valorar nos grupos os documentais do resto de equipos. Tendes adxunta a guía de observación.

Tamén podedes pegar, nun lugar visible do centro, unha diana de valoración para que o resto do cole valore os vosos documentais, despois da estrea. Isto serviravos para mellorar nas seguintes propostas que presentedes.

Así que xa sabedes... 3, 2, 1, acción!

Lectura facilitada

Tes que valorar os documentais

do resto de equipos.

Usa a guía de observación de abaixo.

Pega na entrada da clase

a diana de valoración

para que o resto do cole valore os vosos documentais.

Isto serviravos para mellorar.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)