Saltar navegación

3.1. Coñecendo a Andy

Quen era Andy Warhol?

Retrato de Andy Warhol co seu can

Levamos unhas cantas sesións falando de Andy Warhol e xa é hora de que lle poñas cara. Aquí tes a Andy Warhol!

É como te imaxinabas? Queres coñecer máis cousas deste artista? Onde naceu, como transcorreu a súa infancia, estudos que cursou...

Le, atentamente, a breve descrición sobre a súa vida que atoparás nesta ligazón (nova xanela).

Lectura facilitada

Cres que se pode facer arte cunha simple lata de conservas?

Quizais penses que é algo raro.
Pero iso foi parte do estilo de Andy Warhol.

Andy é coñecido como un dos creadores

dun estilo de pintura que chaman Pop Art.

Andy Warhol naceu en Estados Unidos no ano 1928.

Era dunha familia migrante de Eslovaquia.

De pequeno estaba enfermo a miúdo.

Pasaba moito tempo na cama debuxando e escoitando a radio.

Andy estudou arte comercial na universidade.

En 1949 mudouse a Nova York

e comezou a traballar como debuxante en revistas.

Por un anuncio de zapatos fíxose famoso.

Debuxaba cousas cotiás, como latas de sopa,
billetes de dólar e botellas de bebida.

Tamén usaba fotos, recortes de xornais
e retratos de famosos nos seus cadros.

Nos anos 70, comezou a facer retratos
doutros artistas, por exemplo:

Mick Jagger
Liza Minnelli
John Lennon
Tamén decoraba coches para competicións,
dándolles un estilo rechamante.

Nesta época, Warhol creou as súas "cápsulas do tempo",

nas que gardaba obxectos da súa vida diaria en caixas de cartón.

Nos anos 80, Andy Warhol continuou
retratando a figuras importantes,
como Lenin e Mao Zedong.

Tamén pintou detalles de cadros renacentistas
con cores moi rechamantes.

Warhol faleceu en 1987
debido a problemas cunha operación de vesícula.

Paseos virtuais a museos

Dende aquí podes acceder ás coleccións de arte de diferentes museos nacionais e internacionais. Poden serte de utilidade á hora de facer as actividades e de buscar información.



Vídeo interactivo

Olla o seguinte vídeo. Presta moita atención, xa que irán aparecendo preguntas e terás que contestalas. Adiante!

com/watch?v=LdBPnC5SL6o

Vídeo Andy Warhol

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)