Saltar navegación

4.1. Creamos un documental

En equipo

Agora que xa tes todos os traballos rematados e fotografados, vaste converter nun ou nunha auténtica documentalista!

Ah! Que non sabes que é un documentalista? Non te apures, no seguinte documento en formato PDF (nova xanela) tes todo o que debes saber sobre esta profesión.

Logo de recoller información sobre esta profesión vinculada ao mundo audiovisual, toca dar un paso máis alá e crear un pequeno documental en grupo, onde contaredes a vida de Warhol e empregaredes todo o aprendido nas fases anteriores. Este vídeo será o que amosaredes ao resto de clases do cole.

Pero, que é iso dun documental? Aprende máis sobre este xénero no seguinte vídeo.

Á hora de crear o voso documental, no teu equipo, teredes que ter en conta o seguinte:

Ten que ter mínimo 5 fotos de cada unha das actividades que fixestes: serigrafía (liña manchada) e arte- zorra.

Ten que ter tamén as fotos que escolliches na fase 3.2 sobre a vida de Warhol (nova xanela), tanto dos vosos debuxos, coma as que escollestes de Internet.

Unha vez teñades todas as fotos teredes que unilas e facer unha montaxe dunha duración de entre 2 e 5 minutos cun editor de vídeo, podes usar Openshot.

 Acompañando as imaxes teredes que contar a parte da vida de Warhol que investigastes. Polo que teredes que facer un pequeno guión. Empregade o modelo de organización documental que atoparás máis abaixo. Será de axuda para que vos organicedes.

Unha vez teñades o guión podedes gravar as vosas voces usando un programa como Audacity. Recorda que este programa permite poñer efectos ás voces. Tamén podedes usar un programa que pase texto a voz co Proxecto Nós (nova xanela).

Unha vez que o teñades montado, presentádeo diante da clase. Para iso empregaredes a seguinte guía para valorar o documental (nova xanela) do resto dos grupos. A guía de observación en formato editable.

Videotitorial programa de vídeo

Para montar o vídeo, podedes usar o programa Openshot.


Videotitorial programa de audio

Para gravar as vosas voces podedes usar Audacity.

Lectura facilitada

Xa tes todos os traballos rematados e fotografados

e por iso vaste converter nun documentalista!

Se non sabes que é un ou unha documentalista

no seguinte documento (nova xanela)

tes unha explicación sobre esta profesión.

Despois de informarte,

toca crear un pequeno documental en grupo,  

onde contaredes a vida de Warhol.

Este vídeo será o que amosaredes ao resto do cole.

Pero, que é iso dun documental?

Aprende máis no seguinte vídeo.

Lista de control e consellos para facer un bo documental

Para que o documental cumpra todos os requisitos, asegurádevos de que está todo o que se pide na lista de control deste reto final.

E se queres algún consello, podes revisar o documento con consellos para facer un bo documental.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)