A partir de 1974, Warhol gardou, empaquetou e almacenou un total de 610 caixas de cartón cos seus obxectos persoais. Estas cápsulas do tempo considéranse unha obra de arte en si. Dentro atoparon dende artigos de periódicos a bocadillos a medio comer pasando por fotografías e cartas.
Como peche deste proxecto, propoñémosvos que fagades a vosa propia cápsula do tempo.

Buscade unha caixa e identificádea: “Cápsula do tempo do proxecto.../ do curso...”.
Gardade dentro as reflexións, suxestións, e todo o que consideredes que poida ser de utilidade para as seguintes persoas que leven a cabo este proxecto. Podedes incluso gardar algún dos produtos elaborados ou usar códigos QR.
Tamén podedes pedir as persoas ante as que expoñades o proxecto que garden dentro a súa valoración.
Veña, anímate!
Lectura facilitada
Warhol gardou un total de 610 caixas cos seus obxectos persoais.
Estas cápsulas do tempo son unha obra de arte.
Dentro, atoparon artigos de periódicos,
bocadillos a medio comer,
fotografías e cartas.
Para finalizar este proxecto,
ides crear a vosa propia cápsula do tempo.
Buscade unha caixa e poñédelle nome e curso.
Gardade o que consideredes
para as seguintes persoas
que fagan este proxecto.
Podedes gardar algún dos produtos elaborados
ou usar códigos QR.
Tamén gardar algunha valoración.
Anímaste?