Diario de aprendizaxe
Chega o momento de facer a reflexión final. Todos os proxectos deben ter unha fase para analizar os resultados, ver as cousas que funcionaron ben e as que non saíron como esperabamos. Non teñas medo a facer propostas que axuden a mellorar o proxecto.
Volve a vista atrás e pensa sobre como foi esta aventura dende o comezo e os resultados da mesma. Nun futuro, grazas a esta reflexión, poderás adaptarte mellor.
Lectura facilitada
Chega o momento da reflexión final.
Toca analizar os resultados,
ver as cousas que funcionaron
e as que non saíron ben.
Pensa en como empezou esta aventura
e os resultados.
Nun futuro, grazas a esta reflexión,
poderás adaptarte mellor.