| Título | Warhol, e ti de quen vés sendo? |
|---|---|
| Descrición |
Andy Warhol foi un referente do movemento Pop Art, retratando personalidades famosas e obxectos cotiás, pero non tivo en conta Galicia. Neste REA trasladaranse as súas propostas á nosa comunidade, usando principalmente as conmemoracións típicas desta época (Samaín, Magosto e Nadal). O alumnado investigará a vida e obra de Warhol, polo que traballará contidos como determinadas técnicas de pintura, a fotografía e os tipos de licenzas. O reto consiste na elaboración dun documental. |
| Persoas elaboradoras |
Iria González Ballesteros, Paula Rey Silva e María Sánchez Sueiro. |
| Organización |
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Recoñecemento Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | Warhol, e ti de quen vés sendo?; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
