Expresión para referirse a un conxunto de temas diversos que non teñen por que ter relación entre eles.
Exemplo:
Na súa mochila sempre hai de todo: panos, alimentos... semella unha caixa de xastre.
Crebacabezas
Definición:
Xogo no que xuntando varias pezas obtense unha imaxe ou figura.
Exemplo:
O alumnado fixo un crebacabezas na aula.
Polifacético/a
Definición:
Dise das persoas ás que lles gusta facer moitas cousas, actividades, ter moitas afeccións...
Exemplo:
Teño unha alumna que vai a un montón de extraescolares diferentes: manualidades, baile, fútbol... É moi polifacética.
En equipo
Antes de pasar á seguinte fase, terás que formar un equipo con algunhas das túas compañeiras e dos teus compañeiros para superar o reto final:
A persoa docente darache un anaco de crebacabezas a cada un de vós. A partir de aquí, non podedes falar.
Busca ás persoas coas que poidas encaixar a túa peza.
Decidide cal será a temática da que se ocupará o teu equipo.
Para iso, ordenade de maior a menor interese as seguintes opcións:
Infancia
Onde naceu e viviu Andy Warhol? Como era a súa familia? Que tipo de educación tivo?
Terás que investigar sobre todo o relacionado con este tipo de preguntas.
A súa carreira profesional
Cales foron os seus inicios? A que se dedicou profesionalmente ao longo das décadas dos 60, 70 e 90?
Terás que investigar todo o relacionado con este tipo de preguntas.
A súa arte
Que técnicas e estilos artísticos desenvolveu Andy Warhol?
Farás un breve repaso das súas producións artísticas máis representativas.
O mundo do cine
Pero foi actor, director, produtor? A ver que descobres
Parece que foi unha persoa bastante polifacética, non si?
Curiosidades
Nesta caixa de xastre poderás incluír todo aquilo que chame a túa atención sobre el.
Música, personalidade... Seguro que atopas un milleiro de cousas interesantes que contar.
Por último, argumentade e poñédevos de acordo co resto dos equipos para decidir de que temática se encargará cada un para elaborar o documental do reto final.
Lectura facilitada
Agora forma un equipo con compañeiras e compañeiros
para superar o reto final.
A persoa docente darache un anaco de crebacabezas.