Saltar navegación

2.1. En equipo

Antes de comezar...

No momento de realizar unha produción artística é importante seguir unha serie de pasos

Pensa como te enfrontas ti cando tes que realizar algún traballo de plástica. 

  • Que pasos segues?
  • Como te organizas?
  • Fas algunha busca de información ou inspiración?

Contesta as preguntas e fai unha posta en común con todo o grupo.

Lectura facilitada

Para realizar unha obra artística

hai que seguir uns pasos. 

Pensa como fas ti

un traballo de plástica. 

  • Que pasos segues?
  • Como te organizas?
  • Buscas información?

Traballa en equipo

Pictograma que representa un ordenadorOrdenadores ao centro

Esta tarefa ten varios pasos:

1. Cando avise o teu profesor ou profesora tedes que deixar os lapis ou os ordenadores no centro da mesa, ou noutro lugar se o decidides, pero non se poden tocar ata que sexa o momento.

2. Teredes 10 minutos para falar no equipo, de xeito tranquilo, sen molestar aos outros grupos, con respecto pola opinión doutras persoas e sen interromper. Tedes que compartir o que sabedes sobre Andy Warhol e a súa arte, se coñecedes a cultura pop. Tamén tedes que expoñer a vosa experiencia sobre a preparación dun documental. Algunha vez fixestes vídeos con formato de documental? Sabedes o que é un guión?

Durante esta fase de intercambio de coñecemento podedes debater sobre o reto, incluso comezar a propor ideas para crear o documental.

3. Cando remate o tempo teredes 2 minutos para resolver a actividade de verdadeiro-falso que tedes a continuación. Cada persoa co seu ordenador. 

Lectura facilitada

Esta tarefa ten varios pasos:

1. Cando avise o teu profesor ou a túa profesora,

non podes tocar o ordenador ou o lapis.

2. Teredes 10 minutos para falar no equipo,

respectando todo o que se diga.

Hai que dicir cousas de Andy Warhol e da súa obra,

se non sabes nada non te preocupes,

xa verás canto aprendes de Andy Warhol.

Tamén podes falar de como se fai un vídeo,

se sabes.

3. Cando remate o tempo terás 2 minutos para resolver a actividade

 de verdadeiro-falso que está debaixo. 

Pregunta Verdadeiro-Falso

  1. Le a afirmación.
  2. Consensúa a resposta co teu equipo.
  3. Marca a opción elixida.

Pregunta 1

  • Andy Warhol era italiano.

Pregunta 2

  • A cultura pop consiste en empregar obxectos cotiás para facer arte.

Pregunta 3

  • A técnica artística que máis empregou foi a pintura ao óleo.

Pregunta 4

  • Esta imaxe corresponde cun autorretrato de Andy Warhol.

 Autorretrato de Vincent Van Gogh

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)