Agora toca que o teu cerebro asimile e procese toda a información que recompilamos durante a fase 2. Ao traer todas estas ideas a primeiro plano e mesturalas, apareceran outras novas.
Aproveitemos este momento! Durante a fase 3 vas coñecer un pouco mellor a Andy e algunhas das técnicas que empregou ao longo da súa carreira. Ademais, aprenderás sobre os planos fotográficos para poder empregalos no reto final.
Imos alá!

Lectura facilitada
Agora toca que o teu cerebro
procese toda a información da fase 2.
Ao mesturar estas ideas,
aparecerán outras novas.
Durante a fase 3
vas coñecer mellor a Andy
e as técnicas que fixo.
Aprenderás os planos fotográficos
para empregalos no reto final.
Imos alá!