Saltar navegación

3.2. As licenzas en Internet

Mans a obra!

Con toda a información que recollestes nesta páxina, teredes que resumir a etapa da vida de Warhol que vos tocou na fase 1

Para iso:

  • Preparade en equipo  un mínimo de 4 debuxos que ilustren o que aprendestes.
  • Non todo o que está en Internet pode ser usado libremente. Mirade o seguinte vídeo no que se explican as licenzas de imaxe, sons e vídeos.

  • Buscade nos seguintes repositorios, como mínimo, 5 imaxes para engadir o documental que sexan creative commons

ARASAAC

Aquí atoparás toda clase de debuxos.

ARASAAC (nova xanela)

Wikimedia Commons

Neste repositorio podes atopar lugares, fotografías e algún exemplo de obras de Warhol.

Wikimedia (nova xanela)

Procomún

Na seguinte ligazón atoparás un buscador de imaxes, vídeos e sons.

Procomún (nova xanela)

Ides empregalos no reto final, así que terás que escanealos ou descargalos e gardalos no teu ordenador. Recorda revisar a lista de control (nova xanela) do reto. A lista de control en formato editable.

Lectura facilitada

Con toda a información que colliches

tes que resumir

a etapa da vida de Warhol

que vos tocou na fase 1.

Para iso:

Preparade en equipo 

mínimo 4 debuxos sobre el.

Buscade mínimo 5 imaxes en internet.

Terás que escanealos ou

descargalos 

gardalos no ordenador.

Revisade a lista de control (nova xanela)

Preciso dunha axuda

Recorda que, ademais de imaxes de Warhol e a súa obra, podes empregar outro tipo de fotografías e imaxes como por exemplo:

  • Imaxes dos lugares nos que estivo.
  • Fotografías de persoas coas que se relacionou.
  • Pictogramas ou imaxes aclaratorias dos conceptos que esteas a narrar. Por exemplo, infancia, afeccións...
  • Fotos ou imaxes dos obxectos aos que vos esteades a referir.

Lectura facilitada

Recorda que podes empregar imaxes:

  • De lugares onde estivo.
  • De persoas coas que se relacionou.
  • De cousas que esteas a narrar. Por exemplo, infancia, afeccións...
  • De obxectos dos que falades.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)