Saltar navegación

1.2. Que conseguiremos

 

Glosario

Zorra

Pictograma dunha zorra
Definición:

Especie de vehículo que se usa para deslizarse sobre a neve.

Exemplo:

As nenas e os nenos de quinto usaron unha zorra para baixar pola montaña nevada.

As metas do reto

Coa túa implicación e traballando man a man co teu equipo, nesta situación de aprendizaxe acadarás os seguintes obxectivos:

  1. Coñecer o principal protagonista da Arte Pop.
  2. Facer deseños propios ao estilo de Andy Warhol.
  3. Ensinar ao resto do cole como se poden crear obras empregando a Arte Pop.
  4. Traballar en equipo para sacar adiante un reto.
  5. Aprender a empregar recursos tecnolóxicos para montar un documental.
  6. Decorar os corredores do centro.

Lectura facilitada

Traballando co teu equipo

acadarás os seguintes obxectivos:

  1. Coñecer a Arte Pop.
  2. Facer deseños como Andy Warhol.
  3. Ensinar ao resto do cole a crear Arte Pop.
  4. Traballar en equipo.
  5. Montar un documental.
  6. Decorar os corredores.

O que aprenderás

Pictograma que representar unha persoa pintando

A debuxar ao estilo Arte Pop.

Pictograma que representa traballo en grupo

 A crear obras en equipo usando o estilo de Andy Warhol.

Pictograma que representa a unha persoa fotógrafa

A contar unha historia a partir de ilustracións e fotografías.

Pictograma que representa unha imaxe dun vídeo

A crear un pequeno documental sobre Warhol.

Pictograma que representa unha tenda de serigrafía

A facer unha estampación con liña manchada.

Pictograma que representa unha zorra

A construír unha zorra como a de Papá Noel.

Lectura facilitada

  1. A debuxar ao estilo Arte Pop.
  2.  A crear obras en equipo.
  3. A contar unha historia con imaxes.
  4. A crear un documental.
  5. A facer unha estampación.
  6. A construír unha zorra.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)