Autoarte
Traduciches ben. Arte-zorra. Unha das técnicas artísticas empregadas por Warhol foi o art-car ou autoarte.
Nos anos 70, foi contratado por diferentes marcas de coches de competición para que modificase a pintura dos seus vehículos de maneira que chamasen moito a atención. Unhas destas marcas foi BMW, que seguro che soa.
Pois ben, aproveitando que as festas están próximas, ides decorar o centro con zorras elaboradas e pintadas por vós, ao puro estilo Andy Warhol.

Lectura facilitada
Unha das técnicas empregadas por Warhol
foi o art-car ou autoarte.
Nos anos 70,
foi contratado por marcas de coches
para que pintase os seus coches
de maneira que chamasen a atención.
Unhas destas marcas foi BMW.
Aproveitando que se achega o Nadal,
ides decorar o colexio con zorras
elaboradas e pintadas por vós
ao estilo Andy Warhol.




