Os planos fotográficos
Os planos fotográficos empréganse para crear fotografías máis creativas e interesantes. Un plano podemos entendelo como a cantidade de espazo ao redor do personaxe ou o obxecto que aparece na imaxe.
Non é o mesmo tirar unha foto dunha paisaxe que da cariña dun bebé. En función da intención e do que queiramos transmitir coa fotografía, decantarémonos por uns ou por outros.
Fíxate ben no seguinte documento (nova xanela) no que aparecen recollida unha listaxe de planos fotográficos. O documento en formato editable.
Lectura facilitada
Os planos fotográficos
empréganse para facer fotografías.
Un plano é a cantidade de espazo
ao redor do obxecto da imaxe.
Non é o mesmo tirar unha foto dunha paisaxe
que da cariña dun bebé.
En función da intención
e do que queiramos contar coa fotografía,
usaremos uns ou outros.
No seguinte documento
aparecen os tipos de planos.
