Saltar navegación

1.1. Un reto ao estilo Warhol

 

Glosario

Documental

Pictograma que representa un león e un elefante descansando nunha árbore
Definición:

Vídeo de carácter didáctico que amosa aspectos reais sobre un tema a tratar.

Exemplo:

O alumnado de 5.º de Primaria creará un documental sobre a vida e obra de Andy Warhol.

Serigrafía

Pictograma que representa unha estampación
Definición:

Estampación de imaxes ou textos en distintos materias (tea, madeira...).

Exemplo:

Fixemos unha serigrafía nunhas camisetas co nome do cole, para utilizar nas saídas escolares.


O reto

Andy Warhol dedicouse a reflectir obxectos, lugares e personalidades de outros países esquecéndose de Galicia. Iso imos facelo nós! De que maneira?

Preme nos títulos para ler a explicación.

Reto

Ilustración que representa diferentes momentos da vida de Andy Warhol

Propoñémosvos o seguinte!

Tedes que crear en equipos un documental sobre a vida de Warhol, así como coñecer a súa obra. Para iso, ao longo das fases deste proxecto, axudarémosvos a conseguilo cos seguintes mini retos:

Mini reto 1

Realizaredes obras de arte

Empregaredes obxectos cotiás seguindo o estilo Arte Pop como Andy Warhol.

Mini reto 2

Sacaredes fotos

Descubriredes o que son os planos fotográficos e os empregaredes para crear as imaxes do documental.

Mini reto 3

Coñeceredes novas técnicas

Aprenderedes a facer unha serigrafía, facendo unha estampación coa técnica da liña manchada.

Pois todo o que estás lendo van ser algúns dos retos que se van presentar ao longo deste proxecto. Aquí podes descargar a lista de control (nova xanela), con todo o que debes facer para superalos. Se prefires a lista de control en formato editable aquí a tes.

Só falta que poñas ganas e desfrutes moito con esta experiencia!

Comezamos! 

Lectura facilitada

Warhol debuxou obxectos, lugares e persoas doutros países,

pero se esqueceu de Galicia.

Por iso o farás ti!

  • Realizarás unha obra de arte cun obxecto.
  • Usarás o estilo Arte Pop como Andy Warhol.
  • Coñecerás algo sobre a fotografía.
  • Crearás un documental sobre a vida de Warhol
  • Aprenderás a facer unha estampación (serigrafía).

Todo isto son os retos deste proxecto.

Pon ganas.

Comezamos!

Aquí podes descargar a lista de control (nova xanela) para comprobar se superaches o reto.

Se prefires a lista de control en formato editable aquí a tes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)