Diario de aprendizaxe

Antes de comezar, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe, dedica uns minutos a ler as explicacións sobre o uso no apartado sobre o diario de aprendizaxe.
Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1 e completa todos os apartados. Na reflexión dedica uns minutos a pensar e non escribas calquera cousa só por rematar pronto!
Reflexiona sobre o teu traballo, as cousas que fixeches en equipo, e tamén sobre a maneira na que aprendes. Isto servirache de moito en futuras aprendizaxes.
Se non tes o diario de aprendizaxe podes ver o documento en formato PDF desde o apartado sobre o diario de aprendizaxe.
Lectura facilitada
Se non sabes o que é un diario de aprendizaxe,
le as explicacións neste enlace: diario de aprendizaxe.
Busca no teu diario de aprendizaxe
a páxina da fase 1
e completa os apartados.
Pensa e non escribas calquera cousa!
Reflexiona sobre o teu traballo,
sobre o traballo en equipo,
e como aprendes.
Se non tes o diario de aprendizaxe
podes ver o documento
desde esta ligazón.