Saltar navegación

6. Glosario

A

  • Abiótico

Que non ten vida. Oposto a biótico.

  • Anaerobio

Proceso ou organismo que non precisa osíxeno para desenvolverse.

 

B

  • Bioelemento

Elemento químico que forma parte da composición dos seres vivos.

  • Biomolécula

Molécula que forma parte da composición dos seres vivos.

  • Brións

Plantas primitivas sen flor e de pequeno tamaño, que crecen abundantemente sobre pedras, casca de árbores e o chan en zonas sombrías e húmidas.

 

C

  • Carpelo

Órgano feminino da flor formado por ovario, estilo e estigma. Tamén chamado pistilo.

  • Cianobacterias

Grupo de bacterias con nutrición autótrofa por medio da fotosíntese. Hai 2.000 millóns de anos foron os organismos responsables da transformación dunha atmosfera primitiva rica en dióxido de carbono á actual rica en osíxeno.

 

D

  • Doenza

Alteración máis ou menos grave das funcións do organismo.

 

E

  • Envés

Parte de atrás dunha folla.

  • Especie

Categoría da clasificación dos seres vivos que agrupa individuos que proceden de antepasados comúns e se poden reproducir entre eles dando descendencia fértil.

  • Espora

Célula reprodutora de numerosas especies de vexetais e protozoos.

  • Estame

Órgano masculino da flor, formado xeralmente por unha antera no extremo dun filamento.

 

F

  • Fento

Planta sen flor nin semente, de grandes follas en cuxo envés se forman as esporas para a súa reprodución. Os fentos son propios de zonas húmidas e sombrías.

  • Fermentación

Proceso que realizan algúns seres vivos, para obteren enerxía. Consiste na degradación de substancias orgánicas complexas noutras máis simples.

 

H

  • Hermafrodita

Que posúe gónadas masculinas e femininas.

  • Hormona

Substancia elaborada por algún tecido ou glándula que intervén de xeito específico no funcionamento de certos órganos e no regulamento de certos procesos biolóxicos.

 

I

  • Inorgánico

Substancias características da materia non viva, como os sales minerais.

 

L

  • Lévedos

Calquera dos fungos microscópicos unicelulares que son importantes pola súa capacidade para realizar a descomposición mediante fermentación de diversa materia orgánica, principalmente azucres ou hidratos de carbono, producindo distintas substancias

 

M

  • Metamorfose

Transformación que sofre o corpo dalgunhas especies animais durante o seu desenvolvemento, pola que cambian de forma, adquiren novos órganos ou perden outros.

  • Metabolismo

Conxunto de reaccións químicas que teñen lugar no interior das células, como a fotosíntese, a respiración celular ou a fermentación.

  • Molécula

Agrupacións dun número de fixo de átomos iguais ou distintos. Por exemplo a auga é unha molécula (H20) formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.

 

N

  • Nervio

Cada un dos filamentos que parten do cerebro, da medula espiñal ou doutros centros, que se distribúen por todo o corpo e transmiten as sensacións ou impulsos motores.

  • Nutriente

Substancia que os seres vivos obteñen a partir dos alimentos, necesaria para que as células realicen as súas funcións.

 

O

  • Orgánico

Substancias características dos seres vivos constituídas fundamentalmente por carbono, hidróxeno e osíxeno

 

P

  • Pétalo

Cada unha das follas de cores que forman a corola dunha flor.

  • Pole

Po moi fino que se produce nos estames das plantas con flores e que é o seu axente masculino de fecundación.

 

R

  • Refugallo

Substancias resultantes dos procesos do metabolismo das células que deben ser eliminadas, xa que poden resultar tóxicas en exceso

 

S

  • Sépalo

Cada unha das partes, a modo de follas verdes, que forman o cáliz dunha flor.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0