4.1 Actividades de reforzo
S25. Cal é a unidade vital dos seres vivos. Por que?
S26. Cales son as tres funcións básicas dos seres vivos. Describe a súa finalidade.
S27. Indique as partes das plantas implicadas na nutrición e a súa función.
S28. De onde obteñen as células vexetais a materia orgánica que se oxida na respiración celular? E os animais?
S29. Observe o seguinte esquema e conteste ás cuestións seguintes:
a) Como obteñen os animais a materia orgánica? e os vexetais?
b) Indique os procesos comúns aos animais e os vexetais.
c) Que tipo de enerxía utilizan os animais e as plantas? De onde procede?
d) En que utilizan os vexetais e os animais a enerxía liberada?
e) Que relación ten a actividade dun ser vivo coa cantidade de osíxeno que consome?
f) Segundo o anterior, quen consome máis osíxeno, os animais ou os vexetais?
g) Será correcto o dito popular que di que non é bo ter plantas no cuarto á noite? Xustifíqueo.
S30. Relacione as dúas columnas, asociando a función vital, coa propiedade que lle corresponde a cada función.
S31. Cal é o fin dos froitos nas plantas? Moitas plantas producen froitos dos que se alimentan animais. As plantas producen estes froitos de forma desinteresada?
S32. Identifique cada imaxe coa forma de reprodución asexual correcta: fragmentación, esporulación, xemación, bipartición ou escisión.
S33. Que tipo de desenvolvemento embrionario teñen os seguintes organismos?
S34. Identifica nas seguintes imaxes os diversos tipos de polinización que poden darse en cada caso. En qué baseas o teu razoamento?
S35. Describa o mecanismo de reprodución sexual das plantas a partir do debuxo:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
