Saltar navegación

2.5 A actividade física e a saúde

A realización de actividade física axuda ao correcto funcionamento dos aparellos e sistemas encargados de levar a cabo as funcións vitais dos seres vivos, achegando beneficios á saúde e axudando a previr doenzas. Pero é na sociedade actual na que a realización da actividade física cobra un especial valor, xa que a vida sedentaria (falta de exercicio físico) e unha alimentación inadecuada por unha inxestión excesiva se asocian a unha alta porcentaxe das mortes e doenzas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0