Saltar navegación

1.3 Obxectivos didácticos

 
  • Caracterizar a función de nutrición e a implicación nela dos aparellos dixestivo, respiratorio, excretor e circulatorio.
  • Coñecer a finalidade da función de nutrición nos seres vivos.
  • Diferenciar entre nutrición autótrofa e heterótrofa.
  • Describir e comparar as características dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación.
  • Distinguir e caracterizar os principais xeitos de reprodución asexual e sexual dos seres vivos.
  • Analizar as vantaxes evolutivas da reprodución sexual desde o punto de vista da variabilidade e a adaptación ao medio.
  • Distinguir as fases da función de relación: percepción, coordinación e resposta.
  • Identificar os mecanismos da función de relación en plantas e organismos inferiores.
  • Describir a función de relación en animais, así como os órganos e sistemas implicados.
  • Valorar as vantaxes da práctica da actividade física para a saúde.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0