5.2.2 Actividades de ampliación
S36.
Porque no fondo dos océanos non chega a luz solar, polo que as bacterias deben obter a enerxía para transformar a materia inorgánica en orgánica doutras fontes.
S37.
- Fotosíntese:
- Respiración:
S38.
Coa fotosíntese, os vexetais incorporan dióxido de carbono e expulsan osíxeno, entanto que na respiración celular ocorre o contrario, consómese osíxeno e libérase dióxido de carbono.
As plantas respiran tanto de día como á noite. Pola contra, a fotosíntese só se pode realizar en presenza de luz.
Durante o día, a cantidade de dióxido de carbono que consomen as plantas na fotosíntese é moito maior que o liberado na respiración. O mesmo ocorre co osíxeno producido na fotosíntese, que supera, en moito, o consumido na respiración, o que supón que en presenza de luz as plantas incorporen dióxido de carbono e liberen osíxeno polos estomas das súas follas.
Na escuridade as plantas realizan unicamente a respiración celular, o que supón a saída de dióxido de carbono e a incorporación de osíxeno polos seus estomas.
S39.
Tanto a respiración celular como a fermentación son procesos de degradación da materia orgánica para obter enerxía útil para as funcións celulares. A diferenza reside en que a respiración celular consome osíxeno e libera moita máis enerxía que a fermentación, que non precisa osíxeno para oxidar a materia orgánica.
A respiración celular realízana os seres que precisan osíxeno para vivir, os animais, os vexetais, as algas, os fungos superiores (cogomelos) e algúns microorganismos. A fermentación realízana as bacterias que fermentan o leite para obter derivados deste e tamén un grupo de fungos unicelulares, os lévedos do pan e das bebidas fermentadas (viño, cervexa, sidra.)
S40.
Non poderían, xa que a través da fotosíntese que realizan as plantas acuáticas, as algas ou o fitoplancto se fabrica materia orgánica da que dependen os animais para nutrirse. Ademais, libera ao medio osíxeno necesario para que poidan respirar. Sen a fotosíntese os peixes non poderían sobrevivir, pois non terían nin alimento nin osíxeno.
S41.
Non, non é xustificado, xa que as plantas á noite realizan o mesmo proceso que realizan os seres heterótrofos para obteren enerxía, tanto de día como á noite, a respiración. Por outra banda, a cantidade de osíxeno nun cuarto é moi superior ao que poidan consumir tanto as plantas como unha mascota, polo que a presenza deles non inflúe negativamente.
S42.
A fecundación cruzada (entre dous individuos) presenta a vantaxe biolóxica de xerar descendentes con características únicas, polo que, no conxunto da especie, aumenta a probabilidade de sobrevivir ante os cambios ambientais, feito que constitúe o “motor” da evolución.
S43.
Porque nun medio grande e axitado, como é o acuático, a única posibilidade de producirse o encontro ao chou entre os gametos masculinos e os femininos é orixinando enormes cantidades de gametos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

