5.1 Solucións das actividades propostas
S1.
A finalidade da función de nutrición é achegar nutrientes as células para achegar a enerxía necesaria para a realización de todas as actividades da vida e incorporar nova materia para o crecemento celular e para repor as estruturas deterioradas.
S2.
- Os organismos con nutrición autótrofa conseguen a materia orgánica a partir de materia inorgánica. Para esta transformación necesitan unha fonte de enerxía.
- Os organismos heterótrofos: aliméntanse directamente de materia orgánica procedente doutros seres vivos.
S3.
Existen dous tipos de nutrición autótrofa:
- Quimosíntese: na que a fonte de enerxía para transformar a materia inorgánica en orgánica son reaccións químicas de oxidación que se producen espontaneamente en certos medios naturais. É típica dalgúns tipos de bacterias, como por exemplo as que viven nos volcáns submarinos das dorsais oceánicas, a milleiros de metros de profundidade, onde non chega a luz do Sol.
- Fotosíntese: na que a fonte de enerxía para transformar a materia inorgánica en orgánica é a enerxía solar. É a principal forma de nutrición autótrofa. A fotosíntese non é exclusiva das plantas; tamén a realizan as algas, tanto pluricelulares como unicelulares, e algúns grupos de bacterias (cianobacterias).
S4.
A fotosíntese ten unha gran importancia biolóxica no mantemento da vida na Terra debido a que:
- Na fotosíntese fabrícase a materia orgánica, que utiliza o resto dos seres vivos como alimento. Aínda que algúns animais non se alimenten directamente de vexetais, si que o fan outros dos que dependen.
- Aínda que a súa finalidade é producir materia orgánica rica en enerxía, vai liberar osíxeno, necesario para a respiración da maioría dos seres vivos
- Utiliza como materia prima o CO2, producido pola respiración dos seres vivos e a actividade industrial humana, axudando a evitar a súa acumulación na atmosfera e un incremento excesivo do efecto invernadoiro.
- A fotosíntese cambiou a composición da atmosfera primitiva. Nos comezos da vida non existía osíxeno; todo o osíxeno da atmosfera procede da fotosíntese, polo que sen as plantas non sería posible a diversidade da vida da Terra tal como a coñecemos.
S5.
É a serie de procesos químicos que teñen lugar no interior celular polos que a célula obterá a partir dos nutrientes a materia e a enerxía necesaria.
S6.
|
Aparello implicado |
Proceso |
|
|
|
|
|
|
|
|
S7.
- Respiración anaeróbica: sen presenza de osíxeno. Un exemplo é a fermentación realizada por lévedos e bacterias.
- Respiración aeróbica: e presenza de osíxeno. Un exemplo é a respiración celular realizada pola maioría dos seres vivos, como animais, vexetais e a maioría de organismos microscópicos.
S8.
A fermentación é un tipo de respiración anaeróbica, é dicir, que se desenvolve en ausencia de osíxeno, mediante o cal a materia orgánica se descompón de xeito incompleto e orixina substancias como alcohois ou ácidos. Os microorganismos produtores da fermentación son coñecidos desde hai moito tempo e utilizados para converter o leite en iogur, o mosto da uva en viño, a cebada en cervexa, e os hidratos de carbono dos cereais en dióxido de carbono para facer a masa de panadaría e pastelaría máis esponxosa.
S9.
As plantas respiran tanto de día como á noite. A razón é que a respiración é a forma que teñen de obter enerxía a partir dos nutrientes, polo que necesitan respirar constantemente, igual que os animais, tomando O2 e liberando CO2.
Erroneamente pódese pensar que só respiran á noite, xa que polo día ademais realizan a fotosíntese, que é un proceso inverso á respiración (tomando CO2 e liberando O2) e cun metabolismo máis alto que enmascara o proceso respiratorio.
S10.
A finalidade da función de reprodución é manter a continuidade da especie, evitando a súa extinción ao permitir que as características de un ou máis individuos continúen nos seus descendentes.
S11.
-
Asexual
Sexual
-
Nº individuos
1
2
-
Rapidez
Moi rápida
lenta
-
Gasto enerxético
Baixo
Alto
-
Variabilidade xenética descendentes
Descendencia idéntica
Descendentes distintos (variabilidade xenética)
-
S12.
Cogomelos: esporas. / Fentos: esporas. / Patacas: fragmentación. / Estrela de mar: escisión.
S13.
Os gametos son células especializadas reprodutoras que ao fusionarse darán lugar a unha única célula, chamada cigoto, que no seu desenvolvemento orixina unha descendencia con características de ambos os proxenitores § Chamamos fecundación á unión dos gametos para producir un novo individuo.
S14.
No medio acuático pode producirse a fecundación no exterior do corpo das femias, xa que a auga lles proporciona aos gametos as condicións necesarias para desprazarse e sobrevivir durante o tempo necesario para levarse a cabo a fecundación. Pero no medio terrestre os gametos non poderían desprazarse nin resistir as condicións ambientais, polo que a fecundación ten que realizarse no interior do corpo da femia.
S15.
-



Ovíparos: a femia deposita ovos que conteñen o embrión e este desenvólvese no seu interior, alimentándose das reservas que contén.
Ovovivíparos: o embrión desenvólvese a partir das reservas do ovo, pero este desenvólvese no aparello reprodutor das femias, polo que as crías saen directamente das nais.
Vivíparos: o embrión desenvólvese no interior do aparello reprodutor feminino e nútrese a partir das substancias nutritivas que esta lle achega
S16.
A metamorfose é o proceso polo cal certas especies de animais sofren unha serie de transformacións no seu aspecto desde o seu nacemento para chegar ao estado adulto. Así ocorre nas ras e nos insectos.
S17.
Tanto a espora como a semente son estruturas a partir das cales se poden reproducir os vexetais, e diferéncianse principalmente en que as esporas se orixinan por reprodución asexual e a semente por reprodución sexual a partir da unión dos gametos. Por último o froito son estruturas que rodean as sementes, cuxa finalidade é facilitar a dispersión destas.
S18.
Son diferentes xa que segundo o tipo de polinización teñen distinta función. No caso de polinizarse polos insectos as flores deberán desenvolver estruturas para chamar a súa atención, como gran tamaño, cores atractivas e olores. No caso da polinización polo vento as flores non necesitan ser atractivas pero si deben estar expostas ao aire e ser resistentes ao vento, como ocorre no caso dos cereais.
S19.
As plantas máis primitivas, como brións e fentos, non se reproducen mediante flores. O seu ciclo reprodutivo caracterízase ademais por alternar unha xeración de reprodución asexual e outra sexual.
S20.
A principal vantaxe da reprodución sexual fronte a asexual é que asegura a diversidade dentro da especie, é dicir que existan individuos moi diferentes. Así poden estar preparados para unha mellor adaptación ante un posible cambio ou modificación do medio no que viven.
S21.
- Os tropismos e as nastias son movementos dos órganos doas plantas.
- A principal diferenza é que os tropismos son movementos permanentes dos talos e das raíces que se dirixen cara ao estímulo ou na dirección contraria a este, e as nastias son movementos temporais das follas ou das flores que non se producen nunha dirección.
- Dous exemplos de tropismos son o fototropismo de os talos cara á luz e o xeotropismo das raíces que medran no sentido da gravidade e dos talos en sentido contrario. Dous exemplos de nastias serían o pechamento dos pétalos dalgunhas flores durante a noite ou o pechamento das follas das plantas carnívoras ao recibir un insecto.
S22.
- 1. Percepción do estímulo: órganos dos sentidos e receptores especializados.
- 2. Coordinación: sistemas nervioso e endócrino.
- 3. Resposta: glándulas exócrinas e músculos.
S23.
A súa función é recibir e interpretar a información que chega dos receptores sensoriais, elaborando unha resposta axeitada. A principal diferenza en canto á súa resposta é que a resposta do sistema hormonal é máis lenta pero máis prolongada, mentres que a do sistema nervioso é máis rápida pero máis curta.
S24.
- Favorece a circulación sanguínea e fortalece o corazón.
- Aumenta a capacidade pulmonar.
- Favorece o tránsito do alimento polo aparello dixestivo.
- Axuda a previr doenzas metabólicas como a diabete e a obesidade.
- Inflúe positivamente no fortalecemento da estrutura corporal.
- Mellora a saúde psicolóxica.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0