Saltar navegación

5.2.1 Actividades de reforzo

S25.

A unidade vital dos seres vivos é a célula. É a unidade anatómica porque todos os seres vivos están formado por unha ou moitas células e é a unidade funcional por ser a estrutura máis pequena formada por moléculas complexas coa organización necesaria para realizar as funcións vitais.

S26.

  • Nutrición: a súa finalidade é achegar nutrientes ás células para achegar a enerxía necesaria para a realización de todas as actividades da vida e incorporar nova materia para o crecemento celular e repor as estruturas deterioradas.
  • Reprodución: a finalidade da función de reprodución é manter a continuidade da especie, evitando a súa extinción ao permitir que as características de un ou máis individuos continúen nos seus descendentes.
  • Relación: a función de relación é a que lles permite aos seres vivos percibiren a información do medio exterior ou do interior do seu propio organismo, e produciren unha resposta axeitada aos cambios que se produzan.

S27.

  • Raíces: toman a auga e os sales do chan formando o chamado zume bruto.
  • Follas (e outras zonas verdes da planta): grazas á axuda de certos pigmentos que absorben a luz, nomeadamente a clorofila de cor verde, realizan a fotosíntese. Así a partir da materia inorgánica achegada polo zume bruto e o dióxido de carbono absorbido por uns orificios (os estomas) prodúcese o zume elaborado, rico en materia orgánica.
  • Talo: distribúese cara ás follas o zume bruto, e os produtos sintetizados na fotosíntese (zume elaborado) cara todo o vexetal.

S28.

As células vexetais obteñen a materia orgánica polo proceso de fotosíntese, e os animais directamente alimentándose doutros seres vivos.

S29.        

  • Como obteñen os animais a materia orgánica? e os vexetais?

Os animais obteñen a materia alimentándose doutros seres vivos, os vexetais a elaboran na fotosíntese.

  • Procesos que son comúns os animais e os vexetais.

Fabricar a súa propia materia e obter enerxía química ( respiración)

  • En que utilizan os vexetais e os animais a enerxía liberada?

En realizar as funcións vitais; os animais ademais en manter a súa temperatura corporal e en desprazarse.

  • Que relación ten a actividade dun ser vivo ca cantidade de osíxeno que consome?

Canta máis actividade teña un ser vivo maior será a respiración celular para obter enerxía para as súas actividade, o que supón un maior consumo de osíxeno.

  • Segundo o anterior, quen consumirá máis osíxeno, os animais ou os vexetais?

Os animais, ao seren máis activos.

  • Será correcto o dito popular que di que non é bo ter plantas no cuarto á noite?

Non, non supón prexuízo ningún. Aínda que as plantas consomen osíxeno á noite a cantidade é moi pequena, moito menor que calquera animal durante o día ou a noite.

 S30.

Función vital

 

Propiedades

A

  • Nutrición

A

  • Respirar

C

  • Ter fillos

A

  • Curar unha ferida

B

  • Relación

B

  • Fotosíntese

A

  • Expulsar residuos do corpo

B

  • Camiñar, voar ou nadar

C

  • Reprodución

B

  • Ver, cheirar ou oír

A

  • Medrar

C

  • Producir sementes

S31.

 S32.

 Fungo  Hidra  Planta Estrela de mar  Protozoo 

1. Fungo

Esporulación

2. Hidra

Xemación

3. Planta

Fragmentación

4. Estrela de mar

Escisión

5. Protozoo

Xemación

S33.

sapo   Bolboreta Gaivota   Can  

1. Sapo / Indirecto

2. Bolboreta / Indirecto

3. Gaivota / Directo

4. Can / Directo

S34.

 Dente de león Piñeiro    Trigo Camelia  

1. Dente de león / Insectos

2. Piñeiro / Vento

3. Trigo / Vento

4. Camelia / Insectos

S35.

O debuxo representa o ciclo reprodutor dunha planta con flor. No interior dos grans de pole, producidos nos estames, desenvólvese o gameto masculino, e por outra banda no interior dos carpelos fórmase o gameto feminino.

Pola polinización o pole chega á parte feminina da flor e prodúcese a fecundación do gameto feminino por un gameto masculino, formando o cigoto, que dará lugar ao embrión da semente. As paredes do ovario transfórmanse e forman o froito que envolve a semente.

Nunhas condicións axeitadas as sementes xerminan e producen, co tempo, unha planta adulta que producirá flores, completándose o ciclo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0