Saltar navegación

4.3 Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1. Que funcións definen a vida?

Respostas

Respirar, crecer e comer.

 Nutrición e relación, pero só en animais.

Nacer, crecer, reproducirse e morrer.

Relación, reprodución e nutrición.

Pregunta

2. A nutrición autótrofa é propia:

Respostas

Dos animais.

Dos fungos e das plantas.

Das plantas e das algas.

Dos fungos.

Pregunta

3. Para realizar a fotosíntese non cómpre que haxa:

Respostas

Auga.

Osíxeno.

Dióxido de carbono.

Clorofila.

Pregunta

4. As plantas realizan a respiración celular:

Respostas

Só á noite.

Só polo día.

Polo día e á noite.

Nunca, só a fan os animais.

Pregunta

5. Os aparellos que interveñen na nutrición animal son:

Respostas

O nervioso e o locomotor, porque sen eles non poderían cazar.

O dixestivo e os órganos dos sentidos.

O dixestivo, o respiratorio, o circulatorio e o excretor.

O dixestivo e o excretor.

Pregunta

6. A esporulación é un tipo de reprodución asexual de organismos unicelulares consistente en:

Respostas

A célula orixinal divídese en dúas células do mesmo tamaño.

A célula orixinal divídese en dúas células de distinto tamaño.

A célula orixinal forma unha xema que se separa formando dúas células de distinto tamaño.

Tras múltiples divisións do núcleo a célula orixinal rompe e libera numerosas células fillas.

Pregunta

7. As plantas pódense reproducir asexualmente por:

Respostas

Bulbos, tubérculos, xemación e esporulación.

Tubérculos, bulbos, rizomas, estolóns e esporulación.

Escisión, rizomas, bulbos, tubérculos e estolóns.

Bipartición, escisión, tubérculos, esporulación e estolóns.

Pregunta

8. Cal dos seguintes animais son unisexuais, ovíparos e teñen desenvolvemento directo?

Respostas

Quenlla.

Ra.

Golfiño.

Bolboreta.

Galiña

Pregunta

9. O movemento permanente dos talos e das raíces das plantas cara á luz denomínase:

Respostas

Xeotropismo.

Fototropismo.

Tigmotropismo.

Nastia.

Pregunta

10. As hormonas son substancias:

Respostas

Cunha función reguladora liberadas polo sistema nervioso.

Cunha función reguladora liberadas polo sistema endócrino.

Exclusivas dos animais vertebrados.

Liberadas polas neuronas.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0