Saltar navegación

2.3.3 Vantaxes e inconvenientes da reprodución sexual e asexual

Na natureza podemos observar que aínda que os organismos máis evolucionados presentan a reprodución sexual, podemos atopar ambos os tipos de reprodución, xa que cada unha presenta unha serie de vantaxes respecto á outra:

Tipo reprodución

Vantaxes

Inconvenientes

  • Asexual

  • É menos complexa, polo que supón un menor gasto enerxético.

  • Reprodución moi rápida.

  • Produce gran cantidade de descendentes.

  • Descendentes idénticos ao proxenitor; non existe variabilidade de individuos e diminúe a probabilidade de sobrevivir ante os cambios ambientais.

  • Sexual

  • Produce individuos con características distintas, que poidan sobrevivir ante un posible cambio ou modificación do medio en que viven, o que favorece a adaptación e a perpetuación da especie, e a súa evolución.

  • Gasto enerxético importante na procura e na loita por conseguir parella.

  • Menor rapidez na reprodución.

  • Menor número de descendentes.

 

 

S17. En relación aos vexetais, diferencie os termos: espora, semente e froito.

S18. Por que son diferentes as flores producidas polas plantas segundo se polinicen polo vento ou polos insectos?

S19. Que plantas non se reproducen mediante flores? Como é o seu ciclo reprodutivo.

S20. Cal é a principal vantaxe da reprodución sexual fronte á asexual?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0