2.3.1 Reprodución asexual
Neste tipo de reprodución só intervén un individuo. É moi rápida e produce gran cantidade de descendentes idénticos ao proxenitor, xa que se orixinan a partir dunha parte deste. Por tanto, a súa información xenética é igual á da célula da que proceden.
Reprodución asexual en organismos unicelulares
A reprodución asexual é típica de organismos unicelulares. Pódese realizar por:
- Bipartición: a célula divídese en dúas partes iguais e cada unha orixina un novo individuo.
-


Por Proyecto Biosfera en Intef Ministerio de Educacion.
- Xemación: caracterízase porque a célula orixinal dá lugar a dúas células fillas de diferente tamaño.
-


Por Proyecto Biosfera en Intef Ministerio de Educacion.
- Esporulación: a célula divídese formando novas células de tamaño máis pequeno. Este tipo de reprodución é moi vantaxosa cando as condicións ambientais son desfavorables, xa que as esporas poden resistir durante moito tempo; pero xerminan cando as condicións son favorables, orixinando novos individuos.
-


Por Proyecto Biosfera en Intef Ministerio de Educacion.
Reprodución asexual en organismos pluricelulares: fungos, plantas e animais.
- Fungos:reprodución por esporas.
-
Reprodución por esporas
Unha espora é unha célula, rodeada dunha cuberta moi resistente que, ao caer ao chan dá lugar a un novo individuo. Algúns fungos desenvolven estruturas especializadas, os cogomelos, onde se producen estas esporas.
- Plantas. A reprodución asexual en plantas é moito máis frecuente que nos animais. Realízase mediante esporas en vexetais moi sinxelos, como os brións e os fentos, e fragmentación ou multiplicación múltiple en vexetais máis evolucionados, nos que unha parte dunha planta dá lugar a novos descendentes. Segundo a parte do vexetal que se divida, existen varios tipos de fragmentación.
-
Reprodución por esporas
É típica de vexetais moi sinxelos, como brións e fentos. Estes vexetais desenvolven estruturas especializadas nas que se producen as esporas, que caen ao chan, e cando as condicións son favorables orixinan un novo individuo.

-
Fragmentación ou multiplicación múltiple
-
Tubérculos
Talos subterráneos, especializados en almacenar substancias de reserva, separados da planta; dan lugar a novas plantas. Esta reprodución é típica, por exemplo, da pataca.
-
Bulbos
Talo subterráneo rodeado de follas en capas. O bulbo divídese en bulbos menores e cada un xera unha nova planta. Reprodúcense así o allo e a cebola.

-
Estolóns
Talos rastreiros que de treito en treito enraízan no chan e se independizan, dando lugar a novas plantas. Esta reprodución é típica dos amorodos.
-
Rizomas
Talos subterráneos que crecen horizontalmente, conteñen rebentos que ao brotaren forman talos aéreos e enraízan. Típicos da grama e os lirios.
-
Gallos ou escallos
Variedade de reprodución asexual artificial. Consiste en plantar un anaco da planta que conteña rebentos, que desenvolven raíces e orixinan novas planta, como ocorre nos xeranios.

-
- Animais. Nos animais hai dous tipos de reprodución asexual: a xemación e a escisión.
-
Xemación
Consiste na formación de prominencias ou rebentos sobre o proxenitor, que ao creceren e desenvolvérense, orixinan novos seres que poden vivir independentemente, como é o caso das esponxas ou hidras de auga doce, ou poden quedar unidos ao organismo parental formando colonias, como os corais.
Escisión
O animal divídese espontaneamente en dous ou máis anacos, cada un dos cales é capaz de formar o animal completo. Así se reproducen algúns vermes mariños e anémonas de mar. En ocasións, un fragmento dun animal perdido accidentalmente pode rexenerar o organismo completo; pode ocorrer en miñocas e estrelas de mar.

Actividades propostas.
S10. Cal é a finalidade da reprodución?
S11. Sinale as diferenzas entre a reprodución sexual e asexual
S12. Indica o tipo de reprodución asexual dos seguintes organismos: cogomelos, fentos, patacas e estrela de mar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0