Saltar navegación

4.2 Actividades de ampliación

 

Actividades de ampliación

S36. Por que no fondo dos océanos as bacterias que viven nas dorsais oceánicas fan a quimiosíntese e non a fotosíntese, como a maioría dos organismos autótrofos?

S37. Escriba o esquema da fotosíntese e da respiración.

S38. Compare os intercambios de gases da fotosíntese e da respiración celular por unha planta en presenza de luz e na escuridade.

S39. Indique as semellanzas e as diferenzas entre a respiración celular e a fermentación? Indique os seres vivos que realizan cada un destes procesos.

S40. Poderían vivir peixes nun acuario pechado hermeticamente sen plantas acuáticas, algas nin fitoplancto. Razoe a resposta.

S41. Algunha vez escoitaría dicir non é bo ter plantas no cuarto á noite. Pero non se di o mesmo por ter unha mascota no cuarto (can ou gato), tanto de día como de noite. Pensa que é xustificada esta opinión?

S42. Que vantaxe para a especie supón que os caracois, malia seren hermafroditas, teñan fecundación cruzada no canto de autofecundación?

S43. Por que os seres vivos con reprodución externa producen unha grande cantidade de gametos?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0