As funcións dos seres vivos.
2.3 A función de reprodución
A reprodución é o atributo principal dos seres vivos, ao asegurar a supervivencia da especie. Malia seren as funcións de nutrición e relación indispensables para a supervivencia de calquera ser vivo, todos os individuos de todas as especies, máis axiña ou máis tarde, morren.
A finalidade da función de reprodución é manter a continuidade da especie, evitando a súa extinción ao permitir que as características de un ou máis individuos continúen nos seus descendentes. Xa que logo, podemos dicir que a función de reprodución non está ao servizo do individuo, senón da especie.
Existen dúas modalidades de reprodución: asexual e sexual.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0