A enerxía e as súas fontes. Porcentaxes e aplicacións
8 Glosario
-
B
- Bobina
- Fío metálico enrolado en forma de hélice polo que pode circular unha corrente eléctrica.
-
C
-
Caudal
- Cru
- Volume dun fluído (líquido ou gas) que circula nunha unidade de tempo; pódese medir en metros cúbicos/segundo, litros/segundo…
- Petróleo que se extrae directamente dos pozos, antes de recibir calquera tipo de tratamento.
-
-
D
- Diodo
- Dispositivo que deixa pasar a corrente eléctrica nun sentido e non no sentido contrario.
-
G
-
Gasoduto
- Tubo longo polo que circula un combustible gasoso.
-
-
I
-
Invernadoiro (efecto)
- Quecemento que se produce pola emisión do solo terrestre de radiación infravermella que queda retida na atmosfera, sobre todo pola presenza nela de gases como o CO2, CH4 e outro.
-
-
J
- Joule (efecto)
- Calor producida nun condutor cando pasa por el unha corrente eléctrica.
-
L
- Láser
- Feixe de luz coherente, case dunha única frecuencia e moi direccional.
-
M
-
Magnitude
- Propiedade que se pode medir, como a lonxitude, o tempo, a forza….
-
-
O
-
Oleoduto
- Tubo longo polo que circula un hidrocarburo (petróleo ou derivados de petróleo).
-
-
T
-
Traxectoria
- Liña seguida por un corpo ao longo do seu movemento. Pode ser unha recta ou unha curva..
-
-
V
-
Voltaxe
- Cantidade de enerxía que transporta unha corrente eléctrica por unidade de carga; mídese en voltios (V).
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0