Saltar navegación

2.4 A enerxía en Galicia

Recursos enerxéticos non renovables

En Galicia só hai carbón do tipo lignito en Meirama e nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Recursos enerxéticos renovables

  • Enerxía hidroeléctrica. Galicia é unha das principais comunidades produtoras desta enerxía. Ao longo dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes hai encoros e centrais para producir enerxía eléctrica.
  • Enerxía eólica. É outra fonte de enerxía importante en Galicia. Nas costas entre Estaca de Bares e Fisterra os ventos son constantes e coa velocidade axeitada para a súa utilización na produción de enerxía eólica.
  • Biomasa vexetal. Galicia é a primeira área española canto a potencial de residuos forestais, e existe unha dispoñibilidade estimada de case un millón de toneladas por ano de biomasa forestal residual. As características climáticas, a distribución da poboación e a grande tradición e importancia das explotacións madeireiras reflicten un potencial considerable para este tipo de enerxía na nosa Comunidade.
  • Outras fontes. O aproveitamento da enerxía do mar atópase, hoxe en día, en proceso de investigación con diversos sistemas que, aínda que non alcanzaron a suficiente madureza tecnolóxica, xa comezaron a dar resultados moi prometedores.
    Pódese dicir que na Comunidade Autónoma de Galicia a enerxía das ondas presenta un potencial moi superior ao resto das modalidades.

En Galicia localízanse algúns recursos xeotérmicos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, a temperaturas que chegan ata 130º C, aínda que con caudais non moi elevados. Os depósitos de Ourense son os que máis posibilidades ofrecen, xa que dispoñen dunha temperatura entre os 60º C e os 80º C.

O Instituto Enerxético de Galicia elaborou o Programa de Fomento da Enerxía Solar, co que se pretende difundir os beneficios asociados a esta fonte de enerxía e así contribuír a impulsar o seu aproveitamento en Galicia

 Produción propia e importación de enerxía primaria (ata 2008)

Os datos da táboa están expresados en ktep (quilotoneladas equivalentes de petróleo).

 

Enerxía primaria

                                                       Importada                       ktep                        rendemento

  • Cru de petróleo

4.892

44,6 %

  • Produtos petrolíferos

2.445

22,3 %

  • Carbón

1.755

16,0 %

  • Gas natural

1.816

16,5 %

  • Biocombustibles

67

0,6 %

TOTAL

10.975

86,2 %

 

 

   Producida en Galicia                                                                                    ktep                    Rendemento

  •  Carbón

42

2,4 %

  •  Auga (grande hidráulica + pequena hidráulica)

485

27,6 %

  •  Biomasa, residuos da biomasa e biogás

446

25,4 %

  •  Biocombustible

74

4,2 %

  •  RSU (enerxía de residuos sólidos urbanos)

82

4,7 %

  •  Outros residuos

23

1,3 %

  •  Vento

603

34,3 %

  •  Sol

2,6

0,1 %

TOTAL

1758

13,8 %

 

Ata o ano 2007 as explotacións de lignitos pardos supuñan a achega máis importante á enerxía primaria xerada en Galicia, pero a partir de agora será o vento ou a auga, dependendo da pluviosidade dese ano. Durante o ano 2008, o vento, cun 34,3 % sobre o total, supuxo a achega máis importante de enerxía primaria galega.

No caso de Galicia non se exporta ningún tipo de materia prima enerxética. Porén, as importacións centradas basicamente no cru de petróleo, nos produtos petrolíferos, no carbón e no gas natural son moi importantes.

Consumo enerxético en Galicia (ata 2008)

A seguinte táboa recolle a distribución do consumo enerxético en Galicia:

 

Consumo

En Galicia (ktep)

  •  Electricidade

1.762

  •  Calor

2.125

  •  Biocombustibles

52

  •  Produtos petrolíferos

2.626

TOTAL

6.565

 

O maior consumo son produtos petrolíferos para o transporte, a pesca, a agricultura, as minas e a construción, e o menor, o de electricidade.

 

Contribución de Galicia ao sistema enerxético español

Galicia presenta a maior proporción de enerxía primaria con fontes de enerxía renovables respecto ao resto do Estado e á Unión Europea.

No ano 2008 Galicia xestionou 12.733 ktep, o 8,9 % da enerxía primaria do Estado.

Por outra parte, o parque galego de xeración eléctrica representa o 11,2 % da potencia total do parque de xeración do Estado. Deste xeito, contribúe co 17,5 % da potencia instalada no segmento das enerxías renovables.

No cadro seguinte amósase a xeración galega bruta de electricidade, comparada coa total española. Galicia achégalle ao sistema eléctrico español o 9 % da enerxía, así como o 19,6 % da obtida a partir de fontes renovables e o 16.5 % da termoeléctrica con carbón.

 

 

España (ktep)

Galicia (ktep)

% Galicia

  •  Hidráulica

2 244

485

21.8 %

  •  Nuclear

5 071

0

0 %

  •  Carbón

4 259

704

16.7 %

  •  Produtos petrolíferos, residuos

1 734

173

13.3 %

  •  Gas natural

10 563

432

3.75 %

  •  Eólica

2 735

603

22.0 %

  •  Solar fotovoltaica

217

0.9

0.4 %

  •  RSU e biomasa

426

46

10.8%

  •  Xeración eléctrica orixe renovable

5.622

1 135

20,2%

  •  Xeración eléctrica con carbón

4 259

704

16.5%

Total xeración eléctrica

27 249

2 444

9%

Actividades propostas

S16.        En Galicia, que cantidade de enerxía é maior, a que producimos aquí ou a que importamos?

S17.       De que fonte primaria procede a maior parte de electricidade que utilizamos en Galicia?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0