3.6 Observacións sobre as porcentaxes.
É bastante frecuente ver, oír ou ler algunhas informacións sobre porcentaxes que non son correctas. Vexamos algúns exemplos.
- Exemplo 1. Un televisor de plasma ultraplano ten un prezo de 1.000 euros. O comercio fai unha rebaixa do 20 % e, logo de relear coa vendedora, sobre o prezo rebaixado fanme outra rebaixa do 20 % adicional. A rebaixa total foi do 40 %?
Non! Non lle fixeron unha rebaixa do 40 %; verá por que. Logo da primeira rebaixa, o televisor custa:
1.000 euros - (1.000 euros · 20%) = 1.000 - 200 = 800 euros.
Sobre este prezo fannos a segunda rebaixa, polo que o televisor custará finalmente:
800 euros - (800 · 20 %) = 800 euros - 160 euros = 640 euros.
Así que dos 1.000 euros nos rebaixaron 360 euros, o que vén sendo unha rebaixa do:
![]()
Xa que logo, 20 % + 20 % non dá 40 %. E por que non dá? Pois porque cada un dos 20 % está aplicado sobre cantidades diferentes: o primeiro 20 % calcúlase sobre os 1.000 euros, pero o segundo calcúlase sobre 800 euros. Cando as porcentaxes están aplicadas sobre cantidades diferentes, non se poden sumar nin restar directamente.
- Exemplo 2. A táboa seguinte recolle as subidas do IPC nos anos 2000 a 2007:
|
Ano |
Subida do IPC |
|
2000 |
3.7% |
|
2001 |
3.1% |
|
2002 |
3.7% |
|
2003 |
2.3% |
|
2004 |
3.1% |
|
2005 |
4.2% |
|
2006 |
2.4% |
|
2007 |
4.3% |
É certo que nos tres últimos anos da táboa o IPC subiu un 4.2 + 2.4 + 4.3 = 10.9 %?
Pois tampouco é certo. Supoñamos que un artigo da cesta da compra custaba 100 euros en xaneiro do ano 2005. Un ano máis tarde (xaneiro 2006) ese mesmo artigo custaba:
![]()
En xaneiro de 2007 custaba:
![]()
E finalmente, en xaneiro de 2008 custaba:
![]()
Isto é un aumento de 11,29 euros sobre os 100 euros iniciais: os prezos subiron un 11.29 % nos últimos tres anos, máis do que semellaba a simple vista.
A razón de que 11,29 % non dea igual que a suma directa dos tantos por cento é outra vez a mesma: os índices do IPC aplícanse a cantidades diferentes, como xa viu ao facermos as contas; por iso os índices do IPC non se poden sumar así sen máis. Non se deixe enganar!
Seguindo co exemplo anterior, as subas do meu soldo e as do IPC foron as da táboa seguinte. Como a subida do salario foi inferior á do IPC, perdín poder adquisitivo. Que porcentaxe de poder adquisitivo perdín en total neses tres anos?
|
Ano |
Subida do IPC |
Suba salarial |
|
2000 |
3.7 % |
3 % |
|
2001 |
3.1 % |
2 % |
|
2002 |
3.7 % |
2 % |
|
Solución |
Supoñamos que un obxecto custaba 100 euros en 2000, e imos calcular canto custa logo das subas do IPC: 100 € + 100 € x 3,7% = 103.7 € custa a principios do ano 2001; 103.7 € + 103.7 x 3.1% = 106.91 € custa a principios de 2002; 106.91€ + 106.91 x 3.7% = 110.87 € a principios do ano 2003. Nese mesmo tempo, a evolución do meu soldo foi: 100 € + 100 x 3% = 103 € é o meu soldo a principios do ano 2001; 103 € + 103 x 2% = 105.06 € soldo a principios do 2002; 105.06€ + 105,06 x 2% = 107,16 € a principios do ano 2003. Daquela, en cada 100 euros perdín: 110.87 € - 107.16 € = 3.71 €, polo que a miña perda de poder adquisitivo nos tres anos foi dun 3.71 %. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0