A enerxía e as súas fontes. Porcentaxes e aplicacións
1.3 Obxectivos didácticos
- Clasificar as fontes de enerxía en renovables e non renovables, e valorar o emprego de ambos os tipos desde o punto de vista económico e ambiental.
- Valorar o aproveitamento no futuro de novas fontes de enerxía e as vantaxes económicas e ambientais que pode supor o seu uso.
- Tomar conciencia das grandes repercusións ambientais que teñen os procesos de xeración e transporte da enerxía, nomeadamente en Galicia.
- Recoñecer a necesidade de mellorar a eficiencia e racionalizar o consumo de enerxía en todos os ámbitos da vida cotiá.
- Utilizar as porcentaxes para expresar as partes dun todo.
- Calcular o tanto por cento dunha cantidade.
- Calcular aumentos e diminucións porcentuais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0