Saltar navegación

3.1 Porcentaxes

Na nosa vida atopámonos moitas veces en situacións en que oímos que "tal artigo ten unha rebaixa do 20 por cento" ou que "o IVE aplicado á factura do recibo da luz é do 18 por cento". Ambas as expresións definen a porcentaxe, é dicir, o número de partes referidas das cen iguais en que se pode dividir unha cantidade. No noso caso, o prezo do artigo ou o seu importe, que constitúe a rebaixa ofertada ou o sobrecusto que teremos que pagar por causa do IVE.

Matematicamente falando, unha porcentaxe pódese concibir como unha proporción, como unha razón cuxo consecuente é 100 ou como un número decimal.

 

Unha porcentaxe indica unha proporción

Cando dicimos que o 40 % da xuventude se comunica a través das redes sociais, estamos a dicir que de cada 100 rapaces utilizan as redes sociais para comunicarse entre eles uns 40. Podemos representar estes datos nunha táboa.

 

Total

100

200

300

50

25

350

···

Parte (40%)

40

80

120

20

10

?

···

 

Se observamos a táboa vemos que se trata dunha proporcionalidade directa, o que nos permite tratar unha situación de porcentaxe como unha situación de proporcionalidade.

Daquela, se un 40 % da xuventude usa as redes sociais para comunicarse, de 350 rapaces, cantos as usarán?

 

 porcentaxes

 

Ao utilizar as proporcións, o verdadeiramente importante é gardar a orde nas razóns. Por exemplo, se na primeira razón puxemos porcentaxes , na seguinte razón debemos pór tamén porcentaxes .

 

 

Para calcular un determinado tanto por cento dunha cantidade,multiplícase o tanto pola cantidade e o resultado divídese entre 100

 

 

t % de C = porcentaxes

 

 

 

Unha porcentaxe é unha fracción

Coller o 40 % dunha cantidade é o mesmo que dividir a citada cantidade en 100 partes e tomar 40, é dicir, tomar a fracción  .

Daquela, no exemplo anterior:

40 % de 350 = porcentaxes  de 350 =  porcentaxes = 140.

 

 

Unha porcentaxe pódese calcular como a fracción dunha cantidade

 

t % de C = porcentaxes de C = porcentaxes

 

Unha porcentaxe asóciase a un número decimal

Unha porcentaxe pódese expresar como unha fracción, como vimos no apartado anterior. Á súa vez, unha fracción pódese expresar en forma de número decimal, o que nos vai permitir utilizar un xeito rápido para o cálculo de porcentaxes.

40 % en forma de fracción é porcentaxes, e á súa vez, en forma decimal, 40 : 100 = 0,40

Xa que logo, o 40 % de 350 = 0,40 · 350 = 140

Para calcularmos unha porcentaxe utilizando o número decimal que representa o que facemos é:

multiplicar o tanto por cento expresado en forma decimal pola cantidade total.


Introduce o numerador e o denominador da fracción e observa as  representacións como rectángulo e como sector.

 Compartida por jminfante1 - LicenzaCC-BY-SAGeoGebra Terms of Use

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0