Saltar navegación

5. Actividades complementarias

 

S27.        Complete as definicións segundo corresponda a fontes de enerxía non renovables ou renovables.

  • Fonte de enerxía é aquela que non se esgota porque se rexenera ou é practicamente inesgotable.
  • Fonte de enerxía é aquela que non se repón.

Habilitar JavaScript

S28.        Analice o tipo de enerxía que emprega vostede en cada unha das actividades contidas na táboa, seguindo o exemplo exposto:

 

Actividade

Tipo de enerxía usada

Fonte de enerxía primaria

  • Cociñar
  • Gas
  • Electricidade
  • Petróleo
  • Petróleo, auga, vento…
  • Viaxar en coche

 

 

  • Iluminar a vivenda

 

 

  • Calefacción da vivenda

 

 

 

 

S29.        Sinale as fontes de enerxía renovables:

Hidráulica

Nuclear

Biomasa

Eólica

Xeotérmica

S30.        Cales dos seguintes consellos son útiles para aforrar enerxía?

Escribir polas dúas caras

Lavar a roupa á man

Lavar coa lavadora chea

Lavar coa lavadora medio chea

Usar o transporte privado

Illar as paredes das vivendas

Queimar o papel usado

Apagar a tele co mando

S31.        Moitas veces falamos do consumo ou gasto de enerxía, pero sabemos que a enerxía se conserva constante. Hai contradición nestas dúas afirmacións?

S32.        A auga dun río ten enerxía cinética, xa que se move. Cando a auga do río chega ao mar, acaba parando. Perdeuse a súa enerxía inicial?

S33.        Por que o carbón desprazou a madeira como combustible no século XIX? Por que se prefire usar petróleo a carbón na actualidade?

S34.        Que tipo de carbón é mellor? Hai minas dese tipo de carbón en Galicia?

S35.        A táboa seguinte amosa a produción de electricidade con enerxías renovables, no ano 1998 e a previsión para o ano 2010.

 

Tipo de enerxía

Produción ano 1998 (GWh)

Produción prevista 2010 (GWh)

  •  Hidráulica

30.753

31.129

  •  Minihidráulica

5.507

6.912

  •  Biomasa

1.139

13.949

  •  Residuos sólidos (lixo)

586

1.846

  •  Eólica

1.437

21.538

  •  Solar

4

636

  •  Biogás

10

546

  •  Total enerxías renovables

41.434

78.566

  • Faga dous diagramas circulares coa porcentaxe de cada tipo de produción, un para 1998 e outro para 2010, cunha folla de cálculo. Logo conteste:
    • Cales son as dúas fontes de enerxía renovable que máis aumentan? E as dúas que menos? Por que pode ser así?
    • Cales das anteriores fontes poden proporcionar electricidade continuamente (polo menos durante longos períodos)?

S36.        Os coches poderían andar, nun futuro próximo, con electricidade, ben con pilasde hidróxeno ou con baterías recargables. Os avións, poderían facer o mesmo?

S37.        A madeira é unha fonte de enerxía renovable?

S38.        Que inconvenientes teñen os encoros de auga como fonte de enerxía?

S39.        No ano 2004 o consumo dalgunhas fontes de enerxía foi o que reflicte a táboa. Cantas tep de cada tipo de enerxía consumimos no ano 2004? (unha tep é unha forma de medir a enerxía: tonelada equivalente de petróleo.

Fonte de enerxía

o

Total en miles de tep

142.085.000

Petróleo

50 %

Nuclear

11,7 %

Hidráulica

1,9 %

Carbón

14,8 %

S40.       Que diferenza hai entre a enerxía solar fotovoltaica e a enerxía solar térmica?

S41.        En Allariz hai unha central pioneira en España que xera electricidade a partir da biomasa forestal. Chámase Allarluz. Procure información na web sobre ela.

S42.        En Galicia, nas Pontes de García Rodríguez, hai unha importante vea. De que substancia se trata?

S43.        Nunha vila galega hai 2.600 habitantes. Se o 19 % son nenos, cantos adultos hai?

S44.        Nunha clase de 25 alumnos faltaron hoxe catro. Cal é a porcentaxe de ausentes?

S45.        De 2.500 persoas, a 1.500 gústanlle os deportes e a 600 ler e pasear. Cal é a porcentaxe de persoas que gozan cos deportes? Cal lendo?

S46.        O 22 % da produción mineira dun país é carbón, que veñen sendo 2.000.000 quilogramos de carbón. De cantos quilogramos é a produción mineira dese país?

S47.        Un vestido de noiva custaba 600 euros. Subiu un 12 %. Canto custa agora?

S48.        A auga represada en xuño era de 210 hm3. En xullo había 195 hm3 de auga. Cal é a porcentaxe de diminución da auga represada?

S49.        Un pantalón vaqueiro, que custaba 45 euros antes das rebaixas de verán, agora custa 35 euros. Cal é a porcentaxe de rebaixas nesta tenda?

S50.        Carolina compra unha blusa de 30 euros, pero descóntanlle seis euros polas rebaixas de primavera. Cal é a porcentaxe de desconto?

S51.        Aforro 65 euros na compra dun televisor porque me rebaixaron o 15 %. Canto custaba o televisor? Cantos euros paguei?

S52.        Esperabamos ter unha colleita de 20.000 kg de uva albariña, pero a sarabia esmagou o 23 % das uvas. Cantos quilogramos colleremos este ano?

S53.        Calcule mentalmente as porcentaxes seguintes:

  • 20 % de 500                   25 % de 400
  • 10 % de 5.000                75 % de 8.000.

S54.        Compramos un produto a 30 euros e vendémolo a 35 euros. Cal é a porcentaxe de ganancia?

S55.        Do censo de votantes dunha vila galega, o 40 % vota o partido A, o 25 % o partido B e o 35 % o partido C. Os votantes deste último foron 4 200. Cantas persoas votaron aos outros partidos?

S56.        Na clase de 1º A hai 25 alumnos e o 8 % leva lentes; na clase de 1º B hai 30 alumnos e o 10 % usa lentes. Xúntanse as dúas clases. Que porcentaxe de alumnos usan lentes?

S57.        Nun cine que ten 200 butacas, o 32 % quedaron baleiras. Cantas persoas viron a película?

S58.        Durante o curso de 1º de ESO Antón tiña unha paga semanal de 10 euros. En 2º de ESO ten unha paga de 12 euros. Cal foi a porcentaxe de aumento?

S59.        Un coche depréciase cada ano que pasa un 15 %. Se un coche novo custa 19.000 euros, cal será o seu valor pasado un ano? E pasados dous anos?

S60.        Un traballador cobraba hai dous anos 1.400 euros mensuais. O ano pasado o soldo baixoulle un 3 % por causa da recesión económica, pero este ano subiulle un 3 %. Cre que o traballador recuperou o seu soldo orixinal de hai dous anos

S61.        Xiana ten aforrados 200 euros, que é o 60% do que custa a viaxe de fin de estudos. Cantos euros custa a viaxe? Cantos lle faltan aínda?

S62.        Por un sofá pago 900 eur, incluído o 16 % de IVE e os 5 euros de propina que lle dou aos transportistas. Canto custaba o sofá antes de lle aplicar o IVE?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0