Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

A enerxía é esencial para o ser humano e polo tanto os recursos enerxéticos son fundamentais para o desenvolvemento da vida na terra. De onde obtemos toda a enerxía necesaria para o desenvolvemento nas sociedades actuais? Das fontes de enerxía.

Estudaremos e coñeceremos as fontes de enerxía renovables e non renovables. Analizaremos a problemática derivada da explotación das fontes de enerxía máis utilizadas no mundo actual, as vantaxes e os inconvenientes de cada unha e as repercusións do seu uso no medio, así como a conveniencia de usar novas fontes de enerxía máis baratas, limpas e abundantes. Remataremos o bloque vendo algúns datos sobre a produción, o transporte e o consumo de enerxía en Galicia.

Na segunda parte da unidade ocuparémonos das porcentaxes e do seu cálculo; aprenderemos a calcular cal é a porcentaxe dunha cantidade e os aumentos e diminucións porcentuais (subas salariais, descontos nas rebaixas, etc.).

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0