2.2. Electricidade, enerxía indispensable
Nas centrais eléctricas obtemos electricidade a partir de diversas fontes de enerxía. A electricidade que se produce nelas é a que utilizamos para que funcionen todos os aparellos eléctricos que usamos acotío.
Os tres tipos de centrais eléctricas máis comúns son as centrais térmicas, as nucleares e as hidroeléctricas. Todas as centrais eléctricas funcionan dun xeito moi parecido: conséguese que xire unha turbina formada por un conxunto de rodas con paletas. Esta turbina está unida a un xerador que produce corrente eléctrica.
![]() |
A electricidade prodúcese nas centrais eléctricas a partir dunha fonte de enerxía primaria ou dun combustible.
|
Tipo de central eléctrica |
Fonte de enerxía utilizada |
|
Enerxía potencial gravitacional da auga embalsada. |
|
Combustión de carbón, gas natural, fuelóleo, residuos de biomasa forestal, agraria e gandeira |
|
Fisión dos núcleos de uranio e plutonio. |
|
Enerxía cinética do vento. |
|
Radiacións electromagnéticas procedentes do sol (luz, raios infravermellos…). |
|
Calor do interior do planeta. |
|
Enerxía cinética das ondas do mar, correntes mariñas, e enerxía potencial gravitacional da auga do mar embalsada en baías. |
Centrais térmicas e nucleares
A enerxía térmica procedente da combustión dos hidrocarburos (gas natural, propano, gasóleos, etc.) e do carbón, e a calor procedente da desintegración nuclear dos elementos radioactivos (uranio e plutonio) emprégase para producir vapor de auga a alta presión, que se lanza contra as pas das turbinas, que á súa vez fan xirar os rotores dos alternadores, producindo así enerxía eléctrica. Tamén se pode aproveitar deste xeito a calor procedente do interior da Terra (enerxía xeotérmica).
![]() |
A enerxía radiante do Sol pode transformarse directamente en enerxía eléctrica nos paneis fotovoltaicos, sen combustións nin produción de gases ou líquidos quentes.
Centrais hidroeléctricas
A auga retida nun encoro a certa altura déixase caer, colle velocidade (transformación de enerxía potencial gravitacional en cinética) e batendo contra as pas das turbinas. Estas transmiten o movemento de rotación aos alternadores (enerxía cinética), co que se produce finalmente electricidade (enerxía eléctrica).
![]() |
![]() |
Actividades propostas
S13. Cales son as diferenzas entre enerxía e fonte de enerxía
S14. Como se obtén a enerxía eléctrica?
S15. Cales son os tipos de centrais eléctricas máis comúns?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



