Saltar navegación

3.4 Diminución porcentual

A diminución porcentual dunha cantidade inicial é o que diminúe esa cantidade segundo unha porcentaxe t %.

É análoga ao aumento porcentual anterior, pero agora hai que restar a porcentaxe calculada da cantidade inicial.

  • Exemplo 1. Nunha tenda un artigo marca 128 euros, pero ten unha rebaixa do 30 % porque é unha semana fantástica. Canto teño pagar polo artigo?
    • Primeiro xeito.

A rebaixa do 30 % fai que por cada 100 euros do artigo paguemos coa rebaixa 70 euros.

prezo final = prezo do artigo - diminución pola rebaixa

diminución pola rebaixa 

 

 

prezo final = 128 - 38,40 = 89,60 euros que teño que pagar.

    • Segundo xeito.

A diminución no prezo polo 30 % de rebaixa significa que cada 100 euros que se pagan convértense en 70 euros por causa da rebaixa. Podemos establecer unha proporción na seguinte táboa:

  • Prezo sen rebaixa

100

128

  • Prezo coa rebaixa feita

70

x

 

Formulamos a proporción e resolvemos:

 

 

–      Atallo ou xeito rápido.

Se observamos, no punto anterior, que o marcamos en vermello, en realidade estamos a calcular o 70 % de 128 euros. Polo tanto poderiamos resolver o problema do seguinte xeito.

prezo final = 70 % de 128 = 0,70 · 128 = 89,60 euros

 

A diminución porcentual dunha cantidade inicial é o que diminúe a devandita cantidade inicial segundo unha porcentaxe t%.

cantidade final = [cantidade incial] · [(100 - t ) % expresado como número decimal]

Exemplo: Antón paga polo seguro a todo risco do seu automóbil 1.200 euros. Por non ter accidentes, o seguro faille unha rebaixa do 18 % para o próximo exercicio.Cal é o novo importe que ten que pagar ?

Importe = 1200 · 0.82 = 984 euros

 

 

 

 

O índice de prezos ao consumo (IPC) subiu, no último ano, un 4.3 %. Se hai un ano gastaba 350 euros en comida cada mes, canto terei que gastar este ano (mercando o mesmo)?

 

Solución

Primeiro calculamos a suba, multiplicando 350 euros por 4,3 %. Logo sumamos a suba á cantidade inicial:

 

 Polo atallo: cantidade final = [cantidade inicial] · [(100 + t ) % expresado como número decimal]

Cantidade final a gastar este ano = 350 · 1,043 = 365,05 euros

 

Estou pagando 800 euros pola hipoteca cada mes. O euribor subiu un 2.1 %. Canto teño que pagar agora pola hipoteca?

 

Solución

 

 

Polo atallo: cantidade para pagar coa suba = 800 · 1,021 = 816,80 euros

 

Por conducir e falar polo móbil á vez puxéronme unha multa de 30 euros. Esquecín pagala e agora teño unha recarga do 20 %. Canto terei que aboar pola multa?

 

Solución

A recarga é o 20 % de 30 euros: Así que terei que pagar 36 euros coa recarga incluída.

Polo atallo: cantidade para pagar coa recarga = 30 · 1,20 = 36 euros

 

Un litro de gasóleo custaba 1,20 euros e o prezo baixou un 4 %. Canto custa agora?

 

Solución

 

 

O prezo actual é 1.20 euros - 0.048 euros = 1,152 euros

Polo atallo: prezo final = [prezo inicial ] · [(100 - t ) % expresado como número decimal]

Prezo final = 1,20 · 0,96 =1,152 euros

 

No ano 2007 houbo 2.741 mortos nas estradas españolas. No ano 2008 esa cifra diminuíu un 22 %. Cantos morreron en accidente de tráfico no ano 2008? Cantas persoas menos morreron respecto do ano anterior?

 

Solución

Primeiro calculamos a diminución do número de mortos:

22% de 2741 = . Logo morreron 603 persoas menos que no anterior.

En 2008 faleceron, xa que logo, 2741 – 603 = 2138 persoas.


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0