3.3 Aumento porcentual
Moitas veces os aumentos danse en forma de porcentaxes; son os chamados aumentos porcentuais: os impostos, as taxas, as subas salariais e de prezos, o consumo dos carburantes e da electricidade, os doentes de corazón... Vexamos como son os cálculos nestes casos.
O aumento porcentual dunha cantidade inicial é o que aumenta esa cantidade segundo unha porcentaxe t %.
- Exemplo 1. Mercamos roupa por valor de 60 euros. O IVE (imposto sobre o valor engadido) é do 16 %. Canto pagamos en total?
- Primeiro xeito.
16 % de IVE fai que por cada 100 euros gastados paguemos 16 de impostos.
prezo final = prezo roupa + aumento polo imposto
Aumento polo imposto = 16% de 60 ![]()
Prezo final = 60 + 9,6 = 69,6 EUR que teremos que pagar pola roupa
-
- Segundo xeito.
O aumento no prezo polo 16 % do IVE significa que 100 euros se converten en 116 euros. Podemos establecer unha proporción na seguinte táboa:
|
100 |
60 |
|
116 |
x |
Formulamos a proporción e resolvemos:
![]()
-
- Atallo ou xeito rápido.
Se observamos, no punto anterior, que o marcamos en vermello, en realidade estamos a calcular o 116 % de 60 euros; polo tanto poderiamos resolver o problema do seguinte xeito.
prezo final = 116 % de 60 = 1,16 · 60 = 69,6 €
|
O aumento porcentual dunha cantidade inicial é o que aumenta a devandita cantidade inicial segundo unha porcentaxe t %. Cantidade final = [cantidade inicial] · [(100 + t ) % expresado como número decimal] Exemplo: Antón gañaba 1.200 euros. A partir deste mes subíronlle un 5% do soldo.Canto gaña agora? Soldo final = 1200 · 1,05 = 1260 euros |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0