Saltar navegación

4. Resumo dos contidos

Fontes de enerxía

  • As fontes de enerxía ou recurso enerxéticos son os recursos que o ser humano utiliza para xerar enerxía, que pode utilizarse directamente ou transformase noutra forma de enerxía.Nas centrais eléctricas obtense electricidade a partir de diversas fontes de enerxía. Os tres tipos máis comúns son as térmicas, as nucleares e as hidroeléctricas. Todas funcionan facendo xirar unha turbina unida a un xerador que produce corrente eléctrica.
    • Fontes de enerxía renovables: a natureza xera enerxía cun ritmo igual ou maior que o se consumo. Exemplos: eólica, solar, mareomotriz, hidráulica, biomasa, xeotérmica…
    • Fontes de enerxía non renovables: consúmense a un ritmo moitísimo maior que a súa produción. Esgotaranse en máis ou menos tempo. Exemplos: carbón, petróleo, gas natural, nuclear, etc.

 

  • A produción, transporte e consumo de enerxía ten efectos negativos no medio, como o aumento do efecto invernadoiro, a choiva ácida, os problemas de saúde ou as mareas negra.
  • Para coidar a vida no planeta, débense usar recursos enerxéticos limpos e renovables; é por iso que as enerxías renovables poden ser o futuro da enerxía no planeta.

Porcentaxes

  • Cociente dun número entre 100. Exemplo: 26 % é 26/100 (significa 26 de cada 100).
  • Para calcular un determinado tanto por cento dunha cantidade, multiplícase o tanto pola cantidade e o resultado divídese entre 100.
  • Para calcular unha porcentaxe utilizando número decimal que representa o que se fai é multiplicar o tanto por cento expresado en forma decimal pola cantidade total.
  • O aumento porcentual dunha cantidade inicial é o que aumenta a devandita cantidade inicial segundo unha porcentaxe t%. Cantidade final = [Cantidade inicial] · [(100 + t) % expresado como número decimal].
  • A diminución porcentual dunha cantidade inicial é o que diminúe a devandita cantidade inicial segundo unha porcentaxe t%. Cantidade final = [Cantidade inicial] · [(100 - t) % expresado como número decimal].
  • Para o cálculo dos xuros bancarios hai que fixarse en que unidades está o tempo ( t)

 

O tempo vén dado en anos

O tempo vén dado en meses

O tempo vén dado en días





 

 

 

 

 

imaxe
 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0