7.1. Solucionario dos exercicios propostos
S1.
- Fontes de enerxía non renovables son as que proceden de recursos que se esgotan co tempo ao seguilos consumindo. Exemplos destas fontes son o petróleo, o carbón e o uranio.
- Fontes de enerxía renovables son as que non se esgotan; o que delas se consume rexenérase ou é practicamente inesgotable, como a enerxía solar, eólica, hidráulica.
S2.
- Vantaxes: é unha fonte de enerxía relativamente barata
- Inconvenientes: contamina bastante; a súa extracción nas minas é difícil e perigosa e o transporte é caro. A combustión do carbón emite á atmosfera óxidos gasosos de carbón (que aumenta o efecto invernadoiro e o cambio climático), de nitróxeno e xofre (que provocan chuvias ácidas perigosas para os seres vivos).
S3.
O petróleo é materia prima para fabricar elementos de uso cotián como plásticos, disolventes, plásticos, ceras, asfalto e mesmo algúns medicamentos.
S4.
Chámanse combustibles fósiles porque todos eles proceden de restos de seres vivos que se fosilizaron fai millóns de anos.
S5.
- Vantaxe: cunha pequena cantidade de materia podemos obter unha gran cantidade de enerxía.
- Inconvenientes: o uranio necesita un procesamento previo complicado en centrífugas especiais; perigo de escapes radioactivos; a almacenaxe dos residuos radioactivos non está ben resolta.
S6.
Que as enerxías renovables non se esgotan e polo tanto podemos facer uso delas sempre e ademais son enerxías limpas, pois non contaminan.
S7.
Enerxía eléctrica.
S8.
- Provocan mortes de aves, que baten contra as pas dos aeroxeradores.
- Só xeran electricidade cando hai vento adecuado.
- Rompen a estética da paisaxe.
S9.
Como fonte de calor a través dos paneis solares e para producir enerxía eléctrica usando as placas fotovoltaicas.
S10.
Como enerxía térmica que se usa en calefacción, e para xerar enerxía eléctrica nas centrais eléctricas xeotérmicas.
S11.
É unha fonte de enerxía renovable que consiste en aproveitar a enerxía das mareas para xerar enerxía eléctrica nas centrais mareomotrices.
S12.
É materia orgánica animal ou vexetal non fosilizada que usamos para obter enerxía; usámola nomeadamente de dous xeitos:
- Queimámola para producir directamente calor ou electricidade.
- Transformámola para obter biocombustibles.
S13.
- A enerxía é a capacidade que teñen os corpos para produciren cambios ou para faceren un traballo. Daquela, hai diferentes formas de enerxía: cinética, potencial, química, eléctrica, nuclear, térmica, sonora, luminosa, etc.
- As fontes de enerxía ou recursos enerxéticos son aqueles recursos que o ser humano utiliza para xerar enerxía, que pode usarse directamente ou transformarse noutra forma de enerxía. Hai fontes de enerxía renovables e non renovables.
S14.
Por medio da forza da auga ou do vapor a presión, conséguese que xire unha turbina que move un xerador de corrente eléctrica ao que está unida.
S15.
As centrais térmicas, nucleares e hidroeléctricas.
S16.
É maior a que compramos fóra de Galicia.
S17.
Da combustión do carbón.
S18.
Efectos negativos como: choiva ácida, aumento do efecto invernadoiro, mareas negras ou problemas de saúde.
S19.
- A porcentaxe de mulleres é do 64%.
- A porcentaxe de homes é do 36 %
S20.
A porcentaxe de partidos gañados é do 25%
S21.
951264 persoas
S22.
![]()
O número de parados aumentou en 369.000 persoas, daquela hoxe hai 2.050.000 + 369.000 = 2.419.000 parados.
S23.
alumnos menos este curso; como había 420, agora quedan 420-34 = 386 alumnos.
S24.
a) 40 b) 250 c) 750 d) 65,2 e) 300 f) 7,5
S25.
![]()
S26.
![]()
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0