3.7 Xuros bancarios
Denomínanse xuros os beneficios que produce o diñeiro prestado. Ese beneficio é directamente proporcional á cantidade prestada e ao tempo que dura o préstamo.
O tanto por cento do beneficio anual chamase xuros ou rédito (r).
Un capital, C, colocado ao r % anual durante t anos produce un beneficio I.
Se queremos calcular o beneficio (I) que produce un capital colocado a uns xuros (r %) durante (t) en anos, podemos formular unha regra de tes composta:

Actividade resolta
Un banco ofrece un beneficio anual do 4 % . Que beneficio obteremos se depositamos a cantidade de 750 euros durante un período de tres anos?
Fixámonos nos datos que nos dan:
- Os xuros ou beneficio anual, coñecido tamén como rédito (r = 4 %).
- O capital que depositamos (C = 750).
- O período de tempo,en anos, no que está depositado o capital (t = 3).
Sabemos que I =
; substituíndo I =
= 90 euros.
Xa que logo, podemos dicir que 750 euros colocados ao 4% durante 3 anos producen 90 euros.
Para o calculo dos xuros bancarios hai que ter en conta o tempo
Se o tempo que se deposita o diñeiro non é un ano, cóbrase a parte proporcional dos xuros anuais. Así, a fórmula que utilizamos para o cálculo dos xuros terá variacións segundo o tempo estea en anos, meses ou días.
|
O tempo vén dado en anos |
O tempo vén dado en meses |
O tempo vén dado en días |
|
|
|
|
Actividades propostas
S25. Un banco ofrece un beneficio anual do 4 %. Que beneficio obteremos se depositamos a cantidade de 750 euros durante un período de 6 meses?
S26. Un banco ofrece un beneficio anual do 4 %. Que beneficio obteremos se depositamos a cantidade de 750 euros durante un período de 90 días?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0