Saltar navegación

5. Glosario

A

  • Atavismos
Costumes, hábitos, crenzas e actitudes herdados do pasado e aceptados como modelo da nosa conduta, sen análise nin crítica.

 

C

  • Corrupción
Utilización do poder en beneficio propio e non en favor da sociedade.

 

D

 

  • Deberes
Responsabilidades e obrigas que temos que asumir para que se poidan respectar realmente os dereitos humanos.
  • Dereitos humanos
Os que ten calquera ser humano polo feito de selo, é dicir, independentemente da raza, sexo, relixión, ideoloxía, nacionalidade ou calquera outra característica diferenciadora.
  • Desigualdade social
Diferenza entre as oportunidades de realizárense na sociedade que teñen as persoas ou os grupos sociais.
  • Discriminación
Tratamento desfavorable que se lle dá a unha persoa ou a un conxunto delas por motivos raciais, ideolóxicos, relixiosos, políticos...

 

E

  • Emancipación
Liberación dun sometemento.
  • Estereotipos
Opinións e crenzas sobre a realidade que se foron creando a través do tempo, moitas veces cun sentido negativo.
  • Exclusión social
Imposibilidade de acceso dalgúns individuos ou grupos a certas oportunidades e beneficios que se consideran esenciais na nosa sociedade.

 

I

  • Impunidade
Situación que se dá cando o autor dun delito non é castigado.

 

L

  • Lucrativo
Que proporciona ganancias e proveito.

 

M

  • Machismo
Actitude de prepotencia e superioridade dos homes respecto das mulleres.

 

P

  • Prexuízo
Opinión desfavorable que temos de certas persoas, sen basearnos en feitos obxectivos ou porque descoñecemos a realidade.

 

T

  • Teito de cristal
É unha expresión que fai referencia a unha barreira invisible que se interpón na carreira laboral das mulleres. Non se ve, pero é difícil de traspasar, impedindo o avance.

 

V

  • Valores
Aspiracións ou ideais que desexamos facer realidade porque consideramos que son importantes e necesarios para a nosa vida persoal e colectiva.

 

 

 

 

 

 

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0