2.1.10 O estado actual dos dereitos humanos
Despois de algo máis de dous séculos de declaracións e de boas intencións, o caso é que a comezos do século XXI aínda queda moito por facer.
![]() |
|
Canta maior intensidade da cor, máis violacións dos dereitos humanos. [www.maps.maplecroft.com] |
O caso máis flagrante de atentado contra os dereitos humanos é a guerra. No ano 2005 había máis de 40 conflitos armados no mundo. Tras a II Guerra Mundial houbo 120 guerras, con máis de 20 millóns de mortos (deles, máis de dous millóns de nenos), e seis millóns de feridos e discapacitados permanentes, un millón de orfos e 15 millóns de refuxiados. Actualmente, en todo o mundo hai máis de 50 millóns de refuxiados e desprazados.
A segunda industria máis importante despois da do petróleo é a do armamento: o gasto mundial de armas supera os 1.000 billóns de dólares ao ano. Terrorismo, economía criminal (narcotráfico, sexo e armas), crimes de guerra (asasinato de civís), malos tratos inflixidos a prisioneiros, torturas, violacións, prostitución, cárceres secretos, condenas sen xuízos xustos, violencia exercida sobre os que pensan distinto... son crimes contra a humanidade que aínda deben ser resoltos. Así pois, aínda queda un longo camiño por percorrer.
Actividades propostas
S11. Do preámbulo e do articulado da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948 cite o parágrafo ou o artigo correspondente que faga referencia a:
-
O domicilio e a correspondencia son inviolables.
-
Os dereitos sociais propios do Estado do Benestar.
-
Dereito a un salario digno.
-
A familia ten dereito á protección do Estado.
-
Ninguén pode ser maltratado pola súa ideoloxía.
-
Prohibición da tortura.
-
Nacemos libres e iguais en dignidade, sen distinción de raza, cor, ideoloxía.
S12. Busque información nos medios de comunicación que faga referencia á vulneración do artigo 18 da Declaración Universal.
S13. O artigo 29 no recoñece dereitos, senón un deber: cite cinco deberes que considere vostede que ten como cidadán ou cidadá.
S14. Resuma os dereitos propios de cada xeración de dereitos.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
