2.2.5 A corresponsabilidade
A incorporación da muller ao mundo laboral provocou que o modelo tradicional de home subministrador de recursos, existente desde os albores da historia, entrase en crise.
Na España da democracia xorde un novo fenómeno, a dobre carga: moitas mulleres non só deben realizar un traballo remunerado fóra da casa, senón que tamén deben desempeñar un traballo non remunerado dentro do fogar que non sempre é compartido polos demais membros da familia.
Segundo as estatísticas, un 67 % do traballo doméstico é desempeñado por mulleres, fronte ao 33 % dos homes. Os homes traballan na casa cinco veces menos que as mulleres; aínda que aumentou a súa contribución ao fogar, só dedican 44 minutos, fronte ás 3 horas e 58 minutos das mulleres.
Pouco a pouco avánzase cara á corresponsabilidade, cunha maior presenza das mulleres na vida pública, especialmente no laboral, na vida política (lei de paridade). A corresponsabilidade ten como finalidade xeral mellorar a colaboración e a responsabilidade compartida de todos os membros da familia no traballo e na vida familiar na actualidade e, especialmente, nas xeracións vindeiras.
Con todo, estase a dar a situación denominada teito de cristal, que lles impide avanzar, como se constata nos seguintes datos:
![]() |
|
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
