Saltar navegación

2.2.6 Violencia contra as mulleres

 

 Maltrato1  Maltrato2  Maltrato3

Ministerio de Igualdade. Campaña: Tolerancia cero

 

Refírese a todo acto de violencia sexista que ten como resultado posible ou real un dano de natureza física, sexual ou psicolóxica, mediante ameazas, coerción ou privación arbitraria da liberdade para as mulleres por motivos sexistas (violencia machista).

O termo violencia contra a muller ha de entenderse como calquera acto violento por razón do sexo que resulta, ou podería resultar, en dano físico, sexual ou psicolóxico ou no sufrimento da muller, incluíndo as ameazas de realizar tales actos, coacción ou a privación arbitraria da liberdade, prodúzanse estes na vida pública ou na privada.

Consello de Europa

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, no artigo 1 da Declaración para a eliminación da violencia contra a muller, aprobada o 20 de decembro de 1993, di:

Artigo 1: Para os propósitos desta Declaración, o termo “violencia contra a muller” é todo acto de violencia fundamentado no sexo que dá ou pode dar como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada.

Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Declaración para a Eliminación da Violencia contra a Muller. 20 de decembro de 1993

O termo violencia de xénero foi cuñado no ano 1993, como unha mala tradución dunha expresión inglesa, e o seu uso xeneralizouse desde o Congreso sobre a muller celebrado en Pequín no 1995 baixo os auspicios da ONU.

Tamén se empregan como sinónimo as expresións violencia familiar, violencia intrafamiliar (propio de Sudamérica), violencia de parella (no ámbito marital), violencia doméstica (que excluiría a violencia contra a muller fóra do fogar), violencia sexista ou violencia machista.

As causas poden ser variadas: celos, frustracións, odio, amargor, desaxustes mentais ou emocionais no home, etc. Estes son factores que contribúen á deterioración da relación amorosa e sentimental da parella.

O maltrato psicolóxico pódese dar en ambas as direccións, aínda que o maltrato físico é máis frecuente por parte dos homes.

Actividades propostas

S22. Cando se aprobou o voto feminino en España? Resuma as posicións que mantiñan Victoria Kent e Clara Campoamor con respecto á participación política da muller. Con cal destas políticas estarían de acordo os autores dos dous artigos de La Voz?

S23. Cada unha destas mulleres foi pioneira nalgún aspecto da vida social: coa axuda dun dicionario enciclopédico ou de internet, intente vincular os seguintes nomes propios cos feitos que as converteron en coñecidas.

 

1

  • Simone de Beauvoir

Francia 1908-1986

 

 

Campesiña analfabeta que marchou a París. Alí foi precursora do feminismo. Redactou a Declaración dos Dereitos da muller e da cidadá.

 a

2

  • Lilí Álvarez

Roma/Madrid 1905-98

Profesora da Sorbona, casou con Jean Paul Sartre e xuntos postularon os fundamentos do existencialismo

b

3

  • Agustina de Aragón

España 1786-1857

Na súa obra Política Sexual (1970) estudou o patriarcado, que perpetuaba o dominio dos homes sobre as mulleres. (teoría feminista)

c

4

  • Xoana de Arco

Francia 1412-1431

Primeira muller en ir á universidade (dereito) vestida de home para poder asistir. Tamén foi a primeira en acadar o cargo de Visitadora de Cárceres de Mulleres (1865).

d

5

  • Valentina Tereshkova

Rusia, 1937

Primeira muller que viaxou ao espazo no Vostok 6, no ano 1963.

e

6

  • Concepción Arenal

Ferrol-Vigo, 1820-93

No seu libro La mística de la feminidad (1963), analizou a situación das mulleres de clase media norteamericana e denunciou a súa frustración malia o benestar económico.

f

7

  • Betty Friedan

EEUU, 1921

Científica pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel.

g

8

  • Kate Millet

EEUU, 1934

Heroína francesa durante a Guerra dos Cen Anos que foi armada cabaleiro no 1429 e dirixiu un exército que apoiou a coroación de Carlos VII de Francia.

 h

9

  • Olimpia Gouges

(1748-1793

Heroína da Guerra de Independencia española, levando provisións aos soldados. Pasou á historia por animar as tropas disparando un canón contra os franceses.

i

10

  • Marie Curie

Polonia, 1867-1934

Destacada deportista española, que foi campioa de España de tenis, de Roland Garros e disputou tres torneos de Wimbledon (1926, 1927, 1928).

j

 

 

S24. Que entendemos por corresponsabilidade? Hai algún membro da súa familia que teña máis sobrecarga nas tarefas domésticas? Por que?

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0