Saltar navegación

3. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1. O sometemento da maioría da poboación por parte dunha minoría iníciase...


Durante a Revolución Francesa, hai 220 anos.

No Neolítico, hai uns dez mil anos.

É tan antigo como a propia humanidade.

En Grecia, hai 2.400 anos.


2. Os dereitos humanos comezan a reivindicarse, tal e como hoxe os coñecemos...


Na época do Imperio Romano.

Durante a Revolución Rusa.

Coa Ilustración, a finais do século XVIII.

En 1948.


3. Todas as persoas teñen dereito a ser tratadas por igual ante a lei, con xustiza e dignidade.


Sempre.

Nunca.

Cando o merezan.

Si, sempre que non cometeran algún delito.


4. A Declaración dos Dereitos Humanos recoñece...


Algúns dereitos para todos os habitantes da Terra.

Os dereitos de toda a humanidade.

Os dereitos para os habitantes do primeiro mundo.

Que non todos somos iguais.


5. Quen garante o cumprimento dos dereitos humanos?


Os organismos oficiais e os mandatarios.

As ONG.

A cidadanía.

Os organismos, altos mandatarios e as ONG.


6. Na Declaración dos Dereitos Humanos só se fala dos dereitos dos cidadáns e das cidadás.


Verdade, pois o home só ten dereitos.

Falso, só recoñece os dereitos das cidadás.

Falso, pois recoñece os dereitos e deberes dos cidadáns e das cidadás.

Falso, só recoñece os dereitos dos cidadáns.


7. A Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá foi necesaria porque...


Na Declaración de Indepedencia dos EE UU non se recollía a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

O cristianismo marxinaba a muller.

Non foi necesaria porque durante a Revolución Francesa recoñeceuse a igualdade de dereitos.

A Revolución Francesa non recoñecía a igualdade de mulleres e homes.


8. Os sectores da sociedade que máis sofren as inxustizas no mundo son...


Os nenos, as nenas e as mulleres.

Os nenos e os homes.

As nenas e os homes.

Os homes e as mulleres.


9. Durante a Revolución Industrial...


As mulleres burguesas estaban emancipadas.

As mulleres proletarias tiñan unhas condicións de vida aceptables.

Burguesas e proletarias continuaban marxinadas.

As proletarias, polo feito de traballar fóra da casa, estaban emancipadas.


10. O voluntariado é...


Un xeito de entreter o tempo libre.

Un xeito de exercer a solidariedade.

Un xeito de quedar ben ante os amigos e amigas.

Un xeito de coñecer a moita xente.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0